Teudebur de Alt Clut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teudebur de Alt Clut
Nacemento690
Falecemento752
Ocupaciónmonarca
PaiBeli II of Alt Clut
FillosDumnagual III de Alt Clut
editar datos en Wikidata ]

Teudebur de Alt Clut (ou Teudebur map Beli) foi rei de Alt Clut (a área arredor da moderna Dumbarton Rock), na primeira metade do século VIII (probablemente 722-52). Segundo as Xenealoxías de Harleian, era fillo de Beli II, o seu predecesor como rei. Esta información está confirmada polos anais irlandeses e galeses.[1] Segundo as Xenealoxías de Harleian era o pai de Dumnagual III,[2] un dos seus sucesores. O seu reinado coincidiu co do rei picto Óengus mac Fergusa (Onuist map Uurguist). Os Annales Cambriae recollen que en 750, os britanos derrotaron un exército picto en Mocetauc (Mygedawc), e segundo os Anais de Tigernach, o irmán de Óengus, Talorgen morreu nesa liorta.[3] Mygedawc é a miúdo identificado como Mugdock, no límite entre Dunbartonshire e Stirlingshire,[4] pero esta identidade non está confirmada. Os Anais de Tigernach, que o chaman Taudar mac Bile, rí Alo Cluaide, sitúa a súa morte no ano 752,[5] e por esta razón, Teudebur foi o rei britano responsable da vitoria fronte os pictos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alan MacQuarrie, "The Kings of Strathclyde", in A. Grant & K.Stringer (eds.) Medieval Scotland: Crown, Lordship and Community, Essays Presented to G.W.S. Barrow, (Edinburgh, 1993), p. 10.
  2. Harleian genealogy of the Kings of Alt Clut, here,
  3. AT 750.4, here.
  4. Williams, Smyth, and Kirby, (eds.), A Biographical Dictionary of Dark Age Britain, (Londres, 1991), s.v. "Teudebur (Teudubr) map Bili", p. 222.
  5. AT 752.2, here.