Tesouros de Olimpia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tesouros en Olimpia.

Os Tesouros de Olimpia foron unha serie de pequenos edificios en forma de templo situados no lado norte do Altis o santuario no sitio de Olimpia en Grecia. Todos menos dous foron erixidos por colonias gregas para almacenar valiosas ofrendas votivas.

Os tesouros construíronse nun socalco natural ao pé do Monte Cronos. O tesouro mellor conservado e máis antigo é o dedicado a Sición. O tesouro máis recente descuberto é o de Siracusa. Construíuse para celebrar a vitoria sobre Cartago no 480 a.C.

De oeste a leste os tesouros foron dedicados a: Sición, Siracusa, Epidamno, Bizancio, Síbaris, Cirene, Selinunte, Metaponto, Mégara e Gela.

Descricións de edificios[editar | editar a fonte]

Os edificios en miniatura constan dunha única sala precedida por un pequeno vestíbulo con dúas columnas, como un pequeno templo. Gardaron valiosas ofrendas, algunhas eran obxectos gañados na guerra, a maioría eran cartos. Eran protexidos por Deus.

Tesouros[editar | editar a fonte]

Tesouro de Sición
Tesouro de Sición.

O Tesouro de Sición erixíuse entre finais do século VI e principios do século V a.C. É a edificación da que se conservaron máis restos. O tesouro foi ofrenda de Mirón, tirano de Sición. Era de pedra calcaría, co teito interior de mármore, o luxo que en Olimpia só posuía o Templo de Zeus Olímpico.[1]

As súas dimensións interiores eran 6´40 metros de ancho por 11´78 m de fondo. As columnas da fachada medían 3´85 m.[2]

Pausanias describe diversos obxectos da cámara deste tesouro: «Hai tres discos que se usan para a proba do pentatlon. tamén hai un escudo de bronce adornado con pinturas na parte interior, un casco e unhas grebas co escudo. Nas armas está inscrito que foron as ofrecidas polos mions a Zeus ... Tamén está a espada de Pélope coa empuñadura de ouro, un corno de Amaltea, a ofrenda de Milcíades». Por último refire que viu «unha estatua de Apolo en buxo coa cabeza sobredourada, ofrendada polos locrios, obra de Patrocles, fillo de Catilo de Crotona».[3]

Tesouro de Siracusa

Para a construción do seu Tesouro, os siracusanos trouxeron a base material consistente en pedra branca de Siracusa. Pola forma da edificación e o seu enclave, parece que erixíuse aproveitando un espazo intermedio que quedara baleiro, [4] e é probable que a súa estrutura fose derruída antes de que se levantase o muro posterior de protección.[5]

Tesouro de Epidamno

Foi feito por Pirro e os seus fillos Lácrates e Hermón. Dicíase que gardaba como ofrendas o mundo sostido por Atlas e Hércules, o manzano, a árbore das Hespérides, cunha serpe enroscada ao manzano, feitos de madeira de cedro.[6]

Tesouro de Cirene

No de Cirene había estatuas de emperadores romanos.[7]

Tesouro de Mégara

Contaba cunha artística Xigantomaquia, cuxas figuras estaban pintadas en azul e as armas usadas, en vermello.[5]

Tesouro de Selinunte

Foi edificado polos seus habitantes antes de que o Exército de Cartago arrasase a súa cidade no 409 a.C. Aloxaba unha estatua do deus Dioniso co rostro, pés e mans de marfil.[7]

Tesouro de Metaponto

Construído ao lado do Tesouro de Selinunte, contén unha representación de Endimión en marfil, agás o vestido. Polemón de Atenas conta que no Tesouro había moitas copas de distinto tipo, de ouro e de prata.[8] Pausanias ignora o motivo da destrución do Tesouro. Sinala que no seu tempo só permanecía en metaponto un teatro e parte do recinto da muralla.[9]

Tesouro de Mégara

Sobre o tesouro dos megarenses, Pausanias dá unha minuciosa descrición. Destaca a existencia dunhas pequenas figuras de cedro con incrustacións de ouro, que representaban a loita de Hércules contra Aqueloo. Están aquí Zeus, Deyanira, Aqueloo, Hércules e Ares socorrendo a Aqueloo. Tamén había unha estatua de Atenea como aliada de Hércules, pero cando víunas Pausanias, estaba xunto ás Hespérides do Hereo.

No frontón do tesouro está labrada a guerra dos xigantes e dos deuses. Encima do frontón estaba un escudo no que consta que os megarenses dedicaron o tesouro cando venceron aos corintios.[10]

Tesouro de Gela

O Tesouro de Gela ou Geloón ofrecido polos cidadáns de Gela foi o Tesouro centrado no extremo leste do socalco inmediatamente preto do pasadizo de entrada ao Estadio de Olimpia. Foi quizais o edificio máis completo e mellor construído de todos, e posuía unha antecámara. A súa construción orixinal debeu ter lugar no século VI a. C., estaba orientado cara ao oeste e en tempos posteriores e, como consecuencia da necesidade de aliñar todas as edificacións que se erguían no socalco cando este se trazou, cambiouse a entrada do Geloón, que quedou orientada ao sur, dotándoa dun pórtico.[11] Pausanias viu a inscrición dedicatoria do edificio no que se gardaban unha serie de estatuas das que xa non quedaba ningunha.[12]

Tesouros de Bizancio e Síbaris

Os sibaritas construíron o seu tesouro xunto ao dos bizantinos.[13] Os bizantinos, xunto cos tesouros de Cirene e Epidamno, foron os edificios máis ornamentados con representacións escultóricas nos seus respectivos frontóns.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Durantez 1975, p. 62.
  2. Mallwitz 1972, p. 167.
  3. Pausanias, VI, 19, 4-6.
  4. Mallwitz 1972, p. 169.
  5. 5,0 5,1 5,2 Durantez 1975, p. 63.
  6. Pausanias, VI, 19, 8.
  7. 7,0 7,1 Pausanias, VI, 19, 10.
  8. Polemón de Atenas, fr. 22.
  9. Pausanias, VI, 19, 11.
  10. Pausanias, 19, 12 y 13.
  11. Durantez 1975, p. 64.
  12. Pausanias, 19, 14.
  13. Pausanias, 19, 10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mallwitz, Alfred (1972). Olympia und seine Bauten (en alemán). Múnich: Prestel. ISBN 3-7913-0320-1. 
  • Durantez, Conrado (1975). Olimpia y los juegos olímpicos antiguos I. Pamplona: Delegación Nacional de Educación Física y Deportes. Comité Olímpico Español. ISBN 978-84-400-9015-7. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]