Tesouro de Piddletrenthide
| Tesouro de Piddletrenthide | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
O tesouro de Piddletrenthide é un tesouro de moedas romanas do século III d. C. achado preto de Piddletrenthide, en Dorset, en 2016.
O achado
[editar | editar a fonte]O tesouro consta de 2.114 antoninianos "radiados" cuñados en billón e apareceu no interior dun recipiente de cerámica. As moedas datan de entre o 253 e o 296 d.C., e entre elas hai algunhas procedentes da ceca de Londinium,[1][2][3] a única da Britania, establecida cara ao ano 286.[4]
O tesouro foi atopado por Brian Read en 2016, coa axuda do seu detector de metais.[2] Posteriormente, o arqueólogo local Mike Trevarthen extraeuno do seu lugar xunto co bloque de terra no que estaba soterrado, e logo o conxunto levouse ao Museo Británico para que o seu Departamento de Moedas e Medallas procedese ao seu estudo.[1][3][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Sherwin, A. (2017). "BBC Detectorists comedy inspires record public haul of found Treasure". En Inews.co.uk. 4 de decembro.
- 1 2 "Coin hoard found in Dorset field contributed to record level of treasure discoveries". En Dorset Echo. 6 de decembro de 2017.
- 1 2 "20th Anniversary Marks Record Year for Treasure Found by the Public Arquivado 20 de marzo de 2023 en Wayback Machine.". Portable Antiquities Scheme.
- ↑ “Ceca de Londinium Arquivado 14 de abril de 2023 en Wayback Machine.”. En Tesorillo.com
- ↑ Kennedy, M. (2017). "Detectorists strike gold as British Museum reveals record haul". En The Guardian. 4 de decembro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bland, R. (2018). Coin Hoards and Hoarding in Roman Britain AD 43-c.498. British Numismatic Society / Spink. ISBN 9781907427794