Niceto San José

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Niceto San José
Nacemento1894
Lugar de nacementoSoria
Falecemento24 de setembro de 1936
Lugar de falecementoOleiros
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfotógrafo e sindicalista
editar datos en Wikidata ]

Niceto San José Aguilera, nado en Soria en 1894 e finado en Oleiros o 24 de setembro de 1936, foi un fotógrafo e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fotógrafo ambulante na Coruña, onde vivía coa súa compañeira Teresa Novelle Rodríguez. Militante comunista e secretario do sindicato de vendedores ambulantes da UGT. Foi detido en abril de 1934 por repartimento de follas clandestinas comunistas.[1] Volveu ser detido en xaneiro de 1936 con Tomás Baños Ordóñez, Luís Peña Pérez, Severino López López e José López Castiñeiras por resistencia e desacato aos axentes da autoridade trala suspensión dun mitin do PCE no que interviu Dolores Ibárruri.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado. O seu cadáver apareceu na praia de Bastiagueiro (Oleiros) o 24 de setembro de 1936.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]