Niceto San José
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1894 Soria, España |
Morte | 24 de setembro de 1936 (41/42 anos) Oleiros, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo , sindicalista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Parella | Teresa Novelle Rodríguez |
Niceto San José Aguilera, nado en Soria en 1894 e finado en Oleiros o 24 de setembro de 1936, foi un fotógrafo e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fotógrafo ambulante na Coruña, onde vivía coa súa compañeira Teresa Novelle Rodríguez. Militante comunista e secretario do sindicato de vendedores ambulantes da UGT. Foi detido en abril de 1934 por repartimento de follas clandestinas comunistas.[1] Volveu ser detido en xaneiro de 1936 con Tomás Baños Ordóñez, Luís Peña Pérez, Severino López López e José López Castiñeiras por resistencia e desacato aos axentes da autoridade trala suspensión dun mitin do PCE no que interveu Dolores Ibárruri.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado. O seu cadáver apareceu na praia de Bastiagueiro (Oleiros) o 24 de setembro de 1936.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 15-4-1934, p. 5.
- ↑ Causa instruída contra Tomás Baños Ordóñez, Luis Peña Pérez, Severino López López, Niceto San José Aguilera e José López Castiñeiras por resistencia e desacato aos axentes da autoridade trala suspensión dun mitin do Partido Comunista no que intervira Dolores Ibarruri "Pasionaria".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Niceto San José na páxina web Nomes e Voces.