Teresa Helena Higginson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeresa Helena Higginson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de maio de 1844 Editar o valor em Wikidata
Treffynnon Editar o valor em Wikidata
Morte15 de febreiro de 1905 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Chudleigh (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGales
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCatolicismo, pedagoxía e Misticismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmestra , mística Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento

Teresa Helena Higginson, nada en Holywell o 27 de maio de 1844 e finada en Chudleigh o 15 de febreiro de 1905, foi unha mística galesa da igrexa católica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Higginson naceu en Holywell (Gales) en 1844, onde os seus pais estaban de peregrinación no santuario de Santa Winefrida.[1] O pai, Robert Francis Higginson, era católico e a nai era conversa. Higginson foi a unha escola católica en Nottingham e exerceu de mestra en Bootle (Inglaterra).[2]

Durante a súa vida Higginson tivo estigmas, feridas nas mans e nos pés similares ás causadas pola crucifixión en Xesucristo. Amais, durante as súas oracións entraba en transos que duraban varios días e "recreaba de xeito violento" as escenas do Viacrucis.[1][3]

Higginson morreu en Chudleigh e foi declarada Serva de Deus.[4]

Legado[editar | editar a fonte]

En 1928 Higginson foi proposta como posíbel candidata para a canonización. Moitas das cartas que escribiu Higginson atópanse nos arquivos de Augustine's Abbey, na vila de Ramsgate. A Catedral Metropolitana de Cristo Rei de Liverpool garda duplicados das mesmas.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Kerr, Lady Cecil (1 de xuño de 2008). Teresa Helena Higginson Servant of God The Spouse of the Crucified (en inglés). Gracewing Publishing. ISBN 9780852441817. 
  2. Heimann, Mary (1995). Catholic Devotion in Victorian England (en inglés). Oxford University Press. p. 150. ISBN 9780198205975. 
  3. Heimann, Mary (1995). Catholic Devotion in Victorian England (en inglés). Clarendon Press. p. 43. ISBN 9780198205975. 
  4. "Home". teresahigginson.com (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2022. 
  5. "Archives". Liverpool Metropolitan (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2022.