Terence Morrison-Scott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Terence Morrison-Scott
Nacemento1908
 Reino Unido
Falecemento1991
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterChrist Church College, Eton College e Imperial College London
Ocupaciónzoólogo
editar datos en Wikidata ]

Sir Terence Charles Stuart Morrison-Scott, nado en 1908 e finado en 1991, foi un zoólogo británico. Foi o Director do Museo de Ciencia (Science Museum) e do Museo de Historia Natural (British Museum of Natural History), de Londres, Inglaterra.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Terence Morrison-Scott educouse no Eton College, no Christ Church de Oxford e no Royal College of Science (RCS). Remou en Eton e en Oxford, gañando o Silver Sculls (remeiro de prata) en Oxford. Graduouse no RCS en 1935 cun grao de primeira clase, e despois traballou brevemente como profesor asistente en Eton (1935–1936).

Morrison-Scott foi nomeado asistente conservador de 2ª clase no Departamento de Zooloxía do Museo de Historia Natural de Londres o 1 de outubro de 1936.[2]

Durante a segunda guerra nundial foi membro da Royal Naval Volunteer Reserve (Real Reserva Naval de Voluntarios) e mandou unha flotilla de lanchas de desembarco durante o Día D en Normandía, gañando a Cruz de Servicio Distinguido do Reino Unido.[3] Foi promovido a asistente conservador de 1ª clase en 1943. E chegou a ser xefe da Sección de Mamíferos en 1945 e Científico Principal en 1948. De 1956 a 1960 foi o Director do Museo de Ciencias.[4] Máis tarde, desde 1960, foi Director do Museo de Historia Natural de Londres, até a súa xubilación o 30 de novembro de 1968.[2]

Foi tesoureiro honorario da Zoological Society of London (1950–1976).[3] Así mesmo, foi fideicomisario do Imperial War Museum (1956–1960), e gobernador do Imperial College of Science and Technology (1956–1972), sendo elixido Fellow en 1963.[5] Tamén foi membro do Consello do National Trust for Places of Historic Interest (Fondo Nacional para os lugares de Interese Histórico), desde 1968 a 1983, e membro da Comisión Permanente de Museos e Galerías (1973–10876). Foi nomeado cabaleiro polos seus servizos.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Checklist of Palaearctic and Indian mammals 1758 to 1946 / by J.R. Ellerman and T.C.S. Morrison-Scott. London: BM (NH), 1951.
  • Checklist of Palaearctic and Indian mammals 1758 to 1946 / by J.R. Ellerman and T.C.S. Morrison-Scott. London: BM (NH), 1966.
  • A list of British mammals [by] T. C. S. Morrison-Scott Published London, Printed by order of the trustees of the British Museum, 1952.
  • Southern African mammals, 1758–1951: a reclassification, by J. R. Ellerman, T. C. S. Morrison-Scott, and R. W. Hayman, 1909–1973 Published London: Printed by order of the trustees of the British Museum, 1953.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Morrison-Scott emprégase para recoñecer a Terence Morrison-Scott como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cranbrook, Scott, Sir Terence Charles Stuart Morrison– (1908–1991), Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press, September 2004. doi 10.1093/ref:odnb/50708
  2. 2,0 2,1 "Scott; Sir; Terence Charles Stuart Morrison (1908-1991); Zoologist; Director of the British Museum (Natural History)". Natural History Museum at South Kensington (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Zuckerman, Lord (1992-9). "Sir Terence Morrison-Scott DSC, DSc". Journal of Zoology (en inglés) 228 (1): 1–4. doi:10.1111/j.1469-7998.1992.tb04428.x. 
  4. Directorship of the Science Museum, London: Dr. T. C. S. Morrison-Scott. Nature, Volume 177, pages 1061–1062, 9 June 1956. doi 10.1038/1771061b0
  5. Fellows and Honorary Graduates of Imperial College Arquivado 17 de maio de 2011 en Wayback Machine., Imperial College, London, UK.