Teoría do pico de Hubbert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha curva de produción do petróleo, como suxeriu orixinalmente M. King Hubbert en 1956
Pico global de produción segundo Hubbert. Segundo ASPO produciuse un atraso duns 10 anos con respecto ás previsións iniciais de Hubbert

A teoría do pico de Hubbert, tamén coñecida como cénit do petróleo, cume do petróleo ou esgotamento do petróleo, é unha influente teoría acerca da taxa de esgotamento a longo prazo do petróleo, así como doutros combustíbeis fósiles. Predí que a produción mundial de petróleo chegará ao seu cénit e despois declinará tan rápido como creceu, resaltando o feito de que o factor limitador da extracción de petróleo é a enerxía requirida e non os seus custos económicos.

A teoría e consecuencias hipotéticas[editar | editar a fonte]

Aínda sendo controvertida, esta teoría está amplamente aceptada entre a comunidade científica e mesmo a industria petroleira. O debate non se centra en se existirá un pico do petróleo, senón en que momento ocorrerá, xa que o petróleo é un recurso finito e non renovábel en escalas curtas de tempo. Isto depende dos posíbeis descubrimentos de novas reservas, o aumento de eficiencia dos xacementos actuais, extracción profunda ou a explotación de novas formas de petróleo non convencionais.

O ano exacto do pico non poderá determinarse até que suceder. Baseándose nos datos actuais de produción, a Asociación para o Estudo do Pico do Petróleo e o Gas (ASPO en inglés), considera que o pico do petróleo ocorrerá en 2010,[Cómpre referencia] sendo o do gas natural algúns anos posterior. Polo contrario, estimacións máis optimistas ofrecen reservas para un mínimo de 100 anos más.

Este feito implicaría importantes consecuencias para os países desenvolvidos, que dependen en gran medida de petróleo barato e abundante, especialmente para o transporte, a agricultura, a industria química e a calefacción doméstica. A teoría debe o seu nome ao xeofísico M. King Hubbert, quen predixo correctamente o pico da produción estadounidense con quince anos de antelación.

Gran parte da industria petroleira e dos automóbiles afirma que a teoría de Hubbert é falsa ou, como mínimo, omítena e ocúltana. Algúns críticos economicistas afirman que a escaseza motivará a busca de novos descubrimentos e que as reservas se incrementarán por encima da predición de Hubbert. Pero incluso na versión máis optimista a limitación dos recursos petroleiros pon unha data límite á extracción barata dese recurso. Ninguén nega a existencia dun teito de produción pero poucos son os gobernos e empresas que até o momento o mencionen abertamente. De entre estes cabe citar a multinacional americana ChevronTexaco, a cal lanzou unha campaña publicitaria[1] para concienciar o público estadounidense da necesidade de actuar ante o inminente esgotamento do petróleo. Tamén a multinacional española Repsol-YPF falou publicamente nunha conferencia da cuestión facendo uso dos mesmos gráficos da ASPO.[2]

A chegada dese pico de extracción fai pensar na posibilidade dun sombrío futuro no que a humanidade terá que sobrevivir sen a principal fonte de enerxía que lle fixo crecer e prosperar durante todo o século XX e inicios do XXI.

Superpetroleiro AbQaid.

Un crecente número de expertos cren que o pico de produción xa aconteceu. Despois do furacán Katrina, Arabia Saudita admitiu que non pode incrementar a súa produción para atenuar a crise polas perdas na produción e o refino sufridas na zona do Golfo de México. Algúns expertos pensan que estamos ante o inicio da crise definitiva do petróleo, pois será a última e a que obrigará a efectuar os maiores axustes e recortes no consumo enerxético como nunca antes se fixera.

Ademais, a crise non se limita só ao petróleo. O gas natural tamén está nas últimas en moitos lugares e o seu pico de produción non sucederá moito despois que o do petróleo. Aínda así, cabe esperar que, debido á falta deses recursos, se inicie a explotación dos depósitos de metano en vetas de carbón.

Última produción máxima[editar | editar a fonte]

Até o día de hoxe, a produción máxima de petróleo convencional deuse en maio de 2005, segundo Matthew R. Simmons, e foi de 74.298.000 barrís de petróleo ao día.[3].

Segundo a OPEP, a produción máxima de petróleo convencional deuse en 2006 e foi de 71.715.500 barrís de petróleo ao día.[4].

A produción máxima de petróleo convencional, máis a produción de pizarra bituminosa, areas de alcatrán e líquidos de gas natural, foi de 81.659.000 barrís de petróleo por día, en 2006 segundo British Petroleum.[5].

Segundo Energy Information Administration do United States Department of Energy, a produción máxima de petróleo convencional, máis a produción de lease condensate, pizarra bituminosa, areas de alcatrán e líquidos de gas natural, foi de 84.630.000 barrís de petróleo por día, en 2005.[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Will You Join Us?
  2. Gráfico 1 da ASPO: [1] e o Gráfico 2 da ASPO:[2]; Consultados o 7 de xullo de 2008
  3. Extracto dun artigo de Matthew R. Simmons Consultado o 7 de xullo de 2008
  4. Annual Statistical Bulletin, OPEC Consultado o 7 de xullo de 2008
  5. BP Statistical Review of World Energy June 2008 Consultado o 7 de xullo de 2008
  6. World Oil Balance, from Energy Information Administration, United States Department of Energy Consultado o 7 de xullo de 2008

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]