Saltar ao contido

Teodoro Estudita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeodoro Estudita

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento759 Editar o valor en Wikidata
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte11 de novembro de 826 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Reino de Bitinia Editar o valor en Wikidata
Hegúmeno Mosteiro de Estúdio (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxe, escritor, compositor Editar o valor en Wikidata
ProfesoresPlato of Sakkoudion (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa11 de novembro Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiTheoctista Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoseph of Thessalonica Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5504289

Teodoro Estudita (Theodorus Studita, en grego Θεόδωρος) (nado en Constantinopla en 759 e morto en Chalcite, Bitinia, o 11 de novembro de 826) foi un abade do mosteiro de Studium.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Entrou no mosteiro de Saccudium (onde era abade o seu tío Platón) o 781, e no 794 sucedeu ao seu tío, que renunciara. Foi un defensor do culto ás imaxes e o seu celo procuroulle unha gran reputación entre os monxes.

O 795 o emperador Constantino casou con Teodota contra as leis canónicas; Teodoro anatemizou ao emperador e denunciou ao patriarca Tarasio (que ao ano seguinte foi desterrado a Tesalónica). Á morte do emperador en 797, foi chamado a Constantinopla onde entrou con gran pompa e conseguiu o favor da emperatriz Irene.

O 798, debido a un ataque árabe, trasladouse ao mosteiro de Studium, moi preto de Constantinopla. En 806 Nicéforo I foi nomeado patriarca e o abade Xosé, que autorizara o matrimonio do emperador Constantino foi restaurado na comuñón da igrexa por un concilio que tivo lugar na capital, e Teodoro opúxose e uníronselle moitos monxes; o papa León III condenouno e contestoulle con arrogancia e insolencia; finalmente foi desterrado o 809 xunto co seu irmán Xosé e o seu tío Platón, nunha illa da Propóntida.

Foron liberados o 811, Cando o 813 o emperador León V emitiu un edito contra o culto das imaxes, Teodoro opúxose e desafiouno e incitou no pobo á sedición; foi posto en residencia vixiada pero como que non paraba de enviar cartas contra o emperador, foi enviado a prisión (pasou por unhas cantas) ata que acabou en Esmirna.

O 821 foi liberado polo emperador Miguel II e puido volver a Studium onde recuperou a condición de abade. Non se fixo máis moderado e o 824, indignado pola carencia de decisión do emperador contra os iconoclastas, apoiou a Tomé, que quería derrocar a Miguel e cando o intento fracasou Teodoro retirouse de Constantinopla e finalmente estableceuse na illa de Calcita (Chalcite) onde morreu cinco anos máis tarde mentres dicía misa no mosteiro de Hagios Tryphon (Akritas, Bitínia).

As súas obras son:

  • Un discurso sobre as imaxes ante o emperador León.
  • Διαθήκη Confesión de fe.
  • Βίβλος δογματική, ἐν ᾗ στερροὶ λόγοι ? καὶ ἀντιρρητικοί, tres discursos contra os iconómacos.
  • Ἔλεγχος καὶ ἀνατροπὴ τῶν ἀσεβῶν ποιημάτων, refutación dun escrito contra o culto das imaxes.
  • Προβλήματά τινα πρὸς εἰκονομάχους.
  • Κατὰ εἰκονομάκους κεφάλαια ἑπτά.
  • Ἐπιστολὴ πρὸς πλάτωνα περὶ τῆς προσκυνήσεως τῶν σεπτῶν εἰκόνων.
  • Dous libros de epístolas (en total 276 cartas).
  • Ἰάμβοι εἰς διαφόρους ὑποθέσεις , poema epigramático.
  • Δογματικὴ περὶ τιμῆς καὶ προσκυνήσεως τῶν ἁγίων εἰκόνων.
  • Ἐπιτάφιος εἰς Πλάτωνα τὸν ἑαυτοῦ πνευματικὸν πατέρα.
  • Λόγος εἰς τὴν προσκύνησιν τοῦ τιμίου καὶ ζωοποιοῦ σταυροῦ ἐν τῇ μεσονηστίμῳ.
  • Κανὼν εἰς τὴν σταυροπροσκύνησιν.
  • Κανὼν ψαλλόμενος εἰς τὴν ἀναστήλωσιν τῶν ἁγίων εἰκόνων.
  • Ἡ μικρὰ λεγομένη Κατήχησις.
  • Ἐγκώμιον περὶ τοῦ ἁγίου Βαρθολομαίου.
  • Ἐγκώμιον εἰς τὸν ἅγιον Ἀπόστολον καὶ Εὺαγγελιστὴν Ἰωάννην τὸν θεολόγον.
  • Sermo brevis in Dominicam quartam Quadragesimae.
  • Capitula quattuor de Vita ascetica.
  • Ἐγκώμιον εἰς τὴν τρίτην ἕυρεσιν τῆς τιμίας κεφαλῆς τοῦ ἁγίου προδρόμου.
  • Τροπάρια, κανόνες, colección de himnos.
  • Ἡ μεγάλη καλουμένη κατηχητική, dividido en tres partes: κατήχησις, μηνολόγιον, e διδασκαλία
  • 217 discursos.

Veneración

[editar | editar a fonte]

Foi enterrado no mosteiro de Hagios Tryphon, pero o seu corpo foi trasladado ao mosteiro de Studium o 26 de xaneiro de 844. Foi canonizado daquela polas igrexas católica e ortodoxa, con festividade conxunta o 11 de novembro.