Saltar ao contido

Tenacidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gráfico Tensión - Deformación, no cal a área é a tenacidade.

En metalurxia e a ciencia dos materiais a tenacidade dun material é a enerxía mecánica necesaria para levar ese material á ruptura. Se un material é tenaz pode sufrir un alto grao de deformación sen romper.

Tal enerxía pode ser calculada a través da área nun gráfico Tensión - Deformación do material, portando basta integrar a curva que define o material, da orixe até a ruptura.

Segundo a tenacidade, un material pode ser:

  • Friábel (fráxil, crebadizo): Que pode ser crebado ou reducido a po con facilidade. Ex: calcita, fluorita.
  • Maleábel: Pode ser transformado facilmente en láminas. Ex. ouro.
  • Séctil: Pode ser facilmente cortado cun canivete. Ex. ouro.
  • Dúctil: Pode ser transformado facilmente en fíos. Ex. ouro.
  • Flexíbel: Pode ser dobrado, mais non recupera a forma anterior. Ex: talco.
  • Elástico: Pode ser dobrado, recuperando a forma anterior. Ex. micas.

En mineraloxía

[editar | editar a fonte]

En mineraloxía a tenacidade é a resistencia que opón un mineral a ser roto, moído, dobrado ou desgarrado.[1]

  1. Manual de Mineralogía de Dana. C. S. Hurlbut, Jr, C. Klein. 3ª edición. Editorial Reverté, S.A. Páxina 194. ISBN 84-291-4605-9