Temperamento musical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En música, o temperamento[1] é a afinación dos instrumentos musicais adecuando as notas á escala pitagórica, que é a matematicamente exacta, ou a escalas mais tradicionais, nas que dependendo as veces de con que instrumento se estea a tocar ou os tipos de escalas propios de cada cultura unhas notas van máis ou menos altas que outras.

Temperamento da gaita[editar | editar a fonte]

Na gaita galega o temperamento faise de tres formas. Por unha banda procura manterse a afinación do instrumento de maneira regular, independentemente da fase da respiración en que estea a persoa que toca. Cando se insufla aire no fol ábrese a válvula do soprete, co que o fol non retén aire dentro, e hai que darlle exactamente a mesma presión que se dá cando non se está a soprar. Amais, segundo a construción da palleta ou o seu grao de humidade, unhas notas soarán mais graves ou agudas. Para rematar, vaise modificando a presión exercida no fol da gaita, xa sexa coa forza do brazo ou cando se insufla co soprete.

Notas[editar | editar a fonte]