Temisat
Temisat / Telespazio Micro Satellite | |
---|---|
Tipo | Experimental / Comunicacións |
Organización | Telespazio SpA |
Contratistas principais | Kayser-Threde GmbH |
Data de lanzamento | 31 de agosto de 1993, 4:40 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Tsiklon 3[3][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[3][6] |
Obxectivo da misión | Experimental e comunicacións.[3][6] |
NSSDC ID | 1993-055B |
Masa | 42 kg[3] |
Dimensións | Forma de caixa de 35 x 35 x 35 cm de lado[6] |
Potencia | 65 W[5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7328 km[1] |
Inclinación | 82,6 graos[1] |
Apoapse | 975,6 km[1] |
Periapse | 940,4 km[1] |
Temisat (acrónimo de Telespazio Micro Satellite) é un satélite artificial italiano lanzado nun foguete Tsiklon 3 desde o cosmódromo de Plesetsk o 31 de agosto de 1993 xunto co satélite Meteor-2 21.[2][3][5][6]
Características[editar | editar a fonte]
Temisat foi construído por Kayser-Threde GmbH para a empresa italiana Telespazio SpA. Foi deseñado como primeiro elemento dun sistema comercial de dous satélites para recoller datos nas bandas VHF e UHF de estacións ambientais en terra e reenvialos a un destino final. O satélite tiña forma de cubo de 35 cm de lado e 42 kg de masa. Xeraba ata 65 watts de potencia mediante células solares, establizábase mediante xiro e tiña dúas memorias de 8,5 Mbyte a bordo cada unha para almacenar datos. A esperanza de vida do satélite era de entre 3 e 5 anos, pero fallou despois de algo máis dun ano en órbita. A segunda unidade ía lanzarse en 1995 pero finalmente quedou en terra e foi transferido á Universidade Técnica de Delft con propósitos educativos.[3][5][6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "TEMISAT" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 22 November 1993 from the Permanent Mission of Italy to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-20673T). 12 de xaneiro de 1994: 2. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "TEMISAT" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Temisat" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Temisat" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Temisat" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.