Telmo Bernárdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís Telmo Bernárdez Santomé
Telmo Bernárdez Santomé.jpg
Nacemento 11 de abril de 1885
Lugar Redondela Galicia Galicia
Falecemento 12 de novembro de 1936
Lugar Pontevedra Galicia Galicia
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Luís Telmo Bernárdez Santomé, mellor coñecido coma Telmo Berárdez, nado en Redondela o 11 de abril de 1885 e finado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na mesma casa que o Xeneral Rubín, fillo de Basilio Bernárdez Otero. Foi un dos impulsores do movemento político coñecido como agrarismo, que loitaba contra a opresión e o academento de solucións formais para os problemas do campesiñado[1], foi redactor de Nueva Gente (1906) e La Opinión (1909). O 17 de febreiro de 1923 foi elixido alcalde de Redondela, cargo dende o que seguiu a defender posturas agraristas, manténdose no cargo até a instauración do réxime ditatorial de Miguel Primo de Rivera, o 13 de setembro dese mesmo ano, momento no que renuncióu ao seu posto. Exerceu tamén de doutor municipal, após de ser nomeado oficialmente pola Xunta Municipal do concello de Redondela, o 10 de novembro de 1923. En 1928 pasou a ser vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra.[2]

Durante a República foi delegado gobernativo en Redondela, e nas eleccións de 1933 presentouse a deputado pola provincia de Pontevedra, pero non conseguiu escano. En febreiro de 1936 foi nomeado delegado do goberno na Confederación Hidrográfica do Miño e en abril foi elixido compromisario para a elección do presidente da República. Foi Xefe provincial de Izquierda Republicana.

Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12 de novembro de 1936.

Trala sublevación do 18 de xullo de 1936 percorreu as rúas de Redondela tranquilizando e convencendo aos veciños de que non opuxeran resistencia. Foi detido o 5 de setembro e encarcerado en Vigo, no campo de concentración da illa de San Simón e Pontevedra. Sometido a xuízo sumarísimo, foi condenado a morte, sendo fusilado o 12 de novembro na estrada de Campañó. A súa familia e círculo social foi fortemente represaliado.


Predecesor:
Buenhijo Pérez Sobrino
 Escudo de Redondela (Pontevedra).svg
Alcalde de Redondela
 
1923
Sucesor:
Casimiro Movilla Rodríguez

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Isabel Gómez Costas e tivo dous fillos, Telmo e Suso, mestres, que foron depurados e encarcerados, e unha filla, Isabel, tamén mestre, coa que a nai se exiliou en Portugal[3].

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Déronlle o seu nome á rúa José Regojo de Redondela en 1931. En 1979 volvéronlle dedicar unha rúa en Redondela.

O 24 de setembro de 2015 o concello de Redondela nomeou a Telmo Bernárdez coma Persoeiro do ano 2015, a proposta da asociación cultural Alejandro Otero[4]. Así, inaugurouse unha placa conmemorativa na súa vivenda familiar, e realizouse unha exposición monográfica da súa traxectoria na sala de exposicións Multiusos da Xunqueira.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Araújo Figueroa, Isaac Borja (2015). Un bo e xeneroso. Redondela: Concello de Redondela. pp. 19–20. 
  2. Queimaliños, MX. Radio Redondela, ed. "Redondela reivindica a Don Telmo no aniversario do seu asasinato". Consultado o 31 de decembro de 2015. 
  3. Isabel Gómez volta á Terra
  4. Pinacho, Antonio. "Redondela nombra personaje del año a Telmo Bernárdez en su 130 aniversario". Faro de Vigo. Consultado o 31 de decembro de 2015. 
  5. "Redondela homenajea a Telmo Bernárdez con una ofrenda floral y una exposición sobre su vida". Faro de Vigo. Consultado o 31 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela: Concello. pp. 34–35. ISBN 84-8302-720-8. 
  • Lamela García, V. Luis (1993). Inmolados gallegos. Alexandro Bóveda, Víctor Casas, Telmo Bernárdez, Adrio Barreiro... Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-655-6.  (en castelán)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]