Teddy Bautista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teddy Bautista
Teddy Bautista en un almuerzo convocado por el Foro de la Nueva Economia (2008).jpg
Nacemento27 de maio de 1943
 As Palmas de Gran Canaria
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Bautista García, coñecido como Teddy Bautista, nado en Las Palmas de Gran Canaria o 27 de maio de 1943, é un músico e empresario español, presidente da SGAE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi líder de Los Canarios, grupo de orixe canaria de finais dos anos 1960, que se dedicaba á música soul, derivando logo cara ao rock con metais. En 1968 tiveron o seu maior hit "Get on your knees". Cabe destacar o seu posterior traballo de rock progresivo Ciclos, no cal se versionan as catro estacións de Antonio Vivaldi, unha obra máis ben experimental no seu momento na que se fusiona o rock cos últimos avances da música electrónica da época.

É destacábel a súa achega á banda sonora de Xesuscristo Superstar, na que interpreta na súa primeira versión española a Xudas, un dos personaxes principais da obra. Tamén actuou en musicais (Annie, 1981) e en varias películas españolas da década de 1980. Desde entón non se dedicou a ningunha finalidade creativa, centrándose no seu cargo de presidente da SGAE.

Estivo casado con Paloma Siles e tiveron unha filla. Doutro matrimonio ten outra filla e un fillo.

En 2011 era o presidente do Consello de Dirección da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) onde se viu implicado en numerosas polémicas, en especial pola súa campaña en favor do canon compensatorio por copia privada nos soportes audiovisuais, e por cobrar diñeiro en actos benéficos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]