Teófilo Mejuto Leis
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1909 Cee, España |
| Morte | 9 de decembro de 1936 A Coruña, España |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | chofer, político |
| Familia | |
| Irmáns | Vicente Mejuto Leis |
Teófilo Mejuto Leis, nado en Cee en 1909 e finado na Coruña o 9 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Chofer en Cee. En xaneiro de 1931 foi detido xunto co seu irmán Vicente acusados de agredir a Francisco Casais Costa, empregado da Empresa de Automóviles Guillén.[1] Afiliado á UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido xunto co seu irmán Vicente e outros sindicalistas da Costa da Morte. Foi procesado e xulgado por rebelión militar na Coruña e condenado a pena de morte. Foi fusilado na Coruña o 9 de decembro de 1936 con Norberto Recamán Lago, José Lago Fernández, Perfecto Trasmonte Costa, Jesús Chouza Figueiras, Florentino Canosa Barreiro, Manuel García Castiñeira, Domingo López Domínguez, Obdulio López Acea, Antonio Varela Sanjurjo, Ricardo López Acea, Antonio Barbeito Espiñeira, Máximo López Acea e Ramón López Amado.[2]