Vicente Mejuto Leis
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1913 Cee, España |
Morte | 6 de xuño de 1938 (25 anos) Berriozar, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | chofer , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Teófilo Mejuto Leis |
Vicente Mejuto Leis, nado en Cee o 24 de xaneiro de 1913 e finado en Berriozar o 6 de xuño de 1938, foi un chofer e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chofer en Cee. En xaneiro de 1931 foi detido xunto co seu irmán Teófilo acusados de agredir a Francisco Casais Costa, empregado da Empresa de Automóviles Guillen.[1] Volveu ser detido en Corcubión en agosto de 1933 acusado de cambiar as cubertas dunha camioneta de Manuel Cambeiro.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por arrincar un bando escrito, xunto co seu irmán Teófilo e outros sindicalistas da Costa da Morte. Foi procesado e xulgado por rebelión militar na Coruña e condenado a 12 anos e un día de prisión. O 17 de xuño de 1937 foi trasladado desde a Prisión Provincial da Coruña ao penal do Forte de San Cristovo, no monte Ezkaba, onde permaneceu encerrado ata o día 22 de maio de 1938, cando participou na fuga do penal. Foi un dos catros presos fuxidos asasinados no monte Ezkaba, nunha zona próxima a Berriozar coñecida como a Esparceta. A fosa da Esparceta foi exhumada pola Sociedad de Ciencias Aranzadi a iniciativa do concello de Berriozar o 18 de abril de 2015. En xuño de 2021 foron identificados os seus restos.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 8-1-1931, p. 7.
- ↑ La Voz de Galicia, 31-8-1933, p. 5.
- ↑ Identificados los restos de un preso gallego que participó en la Fuga de San Cristóbal
- ↑ Vicente Mejuto Leis: la vuelta de un represaliado a casa
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vicente Mejuto Leis na base de datos do proxecto Nomes e voces.
- Ficha en Los presos del penal de Ezcaba