Tautograma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O tautograma é un poema ou verso formado por palabras que comezan pola mesma letra. O tautograma non é propio da Idade Moderna, pois xa Ennio presentou o seu famoso tautograma nun hexámetro:

O Tite, tute, Tate, tibi tanta tyranne tulisti.

Tamén na Idade Media dedicaron os seus ocios a estes xogos de enxeño algúns autores. Así, a fins do século IX e principios do X Ubaldo de Saint-Amand (monxe cuxos escritos en materia musical lle deron xusta fama) compuxo un poema de 136 versos cuxas palabras comezan todas pola letra c. É un poema titulado De laude calvorum (Eloxios dos calvos) e dedicado ao rei Carlos o Calvo; imprimiuse en Basilea (1516-1519 e 1547) e o seu primeiro verso di así:

Carmina clarisonae calvis cantate, Camoenae.

Mais a obra mestra do tautograma data do século XVI e débese ao profesor de teoloxía de Lovaina, Leo Placentius. É o poema titulado Pugna porcorium (O combate dos porcos), per Placentium porcium poetam, no que todas as palabras comezan por p.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]