Tangata Vavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTangata Vavia
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Illas Cook Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento das Illas Cook
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata

Tangata Mouauri Vavia, nado o 8 de setembro de 1949 en Mitiaro, é un político das Illas Cook.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vavia traballou como clasficador postal e como axente de policía antes de ser elixido polo Partido Demócrata para o Parlamento pola circunscrición de Mitiaro nas eleccións xerais de 1994. Foi elixido vicepresidente do Parlamento en 1999 e asemade entrou no gabinete de Terepai Maoate como ministro de Xustiza e Illas Exteriores, saíu do ministerio ao substituír Robert Woonton a Maoate, aínda que volveu entrar en xaneiro de 2003 ao caer o goberno de coalición co Partido das Illas Cook.[1] aínda que se formou un novo goberno de coalición en novembro dese ano perdendo de novo as súas carteiras e pasando á oposición.[2]

En 2005 entrou no goberno de Jim Marurai como ministro das Illas Exteriores.[3][4] Nas eleccións de 2006 resultou reelixido para o parlamento e pasou a ser ministro de Infraestruturas, Planificación e Transporte.[5]

En decembro de 2009 deixou os seus ministeriais como protesta pola retirada do gabinete do líder demócrata Terepai Maoate.[6][7] Nas eleccións xerais de 2010 resultou reelixido de novo para o Parlamento.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cook Islands deputy PM sacked". Radio New Zealand International. 2003-01-30. Consultado o 2009-04-11. 
  2. "Two Cook Islands cabinet ministers resign". Radio New Zealand International. 2003-11-05. Consultado o 2009-04-11. 
  3. "Cook Islands PM to appoint two new Cabinet ministers". Radio New Zealand International. 2005-09-14. Consultado o 2009-04-11. 
  4. "Viceroy swears in two new Cabinet ministers in the Cook Islands". Radio New Zealand International. 2005-09-15. Consultado o 2009-04-11. 
  5. "Changes announced to Ministries". Cook Islands Herald. Consultado o 2009-04-11. 
  6. "Cooks Deputy Prime Minister replaced, prompting a walkout". Radio New Zealand International. 2009-12-24. Consultado o 2009-12-24. 
  7. "Cabinet Ministers Resign in Support of Party Leader". Democratic Party - Cook Islands. 2009-12-23. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2011. Consultado o 2009-12-25. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]