Tanambogo
Aparencia
| Tipo | illa | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Illas Florida | |||
| Situado na entidade xeográfica | Illas Florida | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Central, Illas Salomón | |||
| ||||
| Bañado por | Mar de Salomón | |||
| Características | ||||
| Dimensións | 0,29 ( | |||
| Superficie | 0,056 km² | |||
Tanambogo é un pequeno illote na Provincia Central das Illas Salomón. É unha das Illas Florida.
Xunto coa próxima illa de Gavutu, desempeñou un papel importante na campaña de Guadalcanal durante a segunda guerra mundial. En 1942, os xaponeses trataron de establecer unha base aérea na illa. Entre o 7 e o 9 de agosto de 1942 na Batalla de Tulagi e Gavutu-Tanambogo, os elementos do 2º Rexemento dos Marines dos Estados Unidos asaltaron e ocuparon a illa.
