Tamaš Padziava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTamaš Padziava

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1906 Editar o valor em Wikidata
Piarchulieva (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de outubro de 1975 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de St Pancras e Islington Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica bizantina belarusa Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista de opinión , sociólogo , pedagogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorServizo belaruso da Radio Vaticana Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAnton Padziava (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Tamaš Padziava (en belaruso: Тамаш Падзява), nado o 6 de febreiro de 1906 no distrito de Miory (Belarús)[1] e finado o 2 de outubro de 1975 en Londres,[1] foi un teólogo e relixioso católico belaruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de rematar a súa educación básica, estudou no ximnasio Stefan Batory dos marianos en Druja. En 1926 ingresou na Congregación dos Padres Marianos, facendo os votos en 1927.[1] Entre 1929 e 1935 estudou en Roma, no Pontificio Colexio Ruso e na Pontificia Universidade Gregoriana,[1] doutorándose en Filosofía en 1931 e licenciándose en Teoloxía en 1935. O 23 de decembro de 1934 foi ordenado sacerdote por Mykolai Charnetskyi.[1]

Comezou o seu ministerio na rexión de Harbin, en Manchuria, onde foi profesor no Liceo de San Nicolao e en dúas escolas femininas das ursulinas.[1]

O 22 de decembro de 1948 foi expulsado da China e entregado ás autoridades soviéticas. Foi arrestado pola NKVD en Chita, onde estivo arredor dun ano.[1] En 1949 foi sentenciado a 25 anos de traballos forzados, e foi enviado ao campo de Taishet.[1] En 1955 foi liberado e deportado a Polonia,[1] residindo inicialmente no mosteiro de Grudziądz, e posteriormente nos de Gietrzwałd, Varsovia, Głuchołazy, novamente en Grudziądz, Licheń Stary e Włocławek.

Na década de 1960 acadou sona pola súa labor ecuménica, difundindo os seus coñecementos sobre as igrexas católicas orientais. Publicou artigos nas revistas Božym šliacham e Źnič, e colaborou na sección belarusa de Radio Vaticana. En 1969 marchou a Roma, e logo dun breve período, trasladouse a Londres, onde exerceu o seu ministerio entre os belarusos da diáspora.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Маракоў, Леанід (2003). Рэпрэсаваныа литаратары, навукоўцы, работники асветы, грамадскія и культурныя дзеячы Беларусі: 1794-1991 (en belaruso). pp. 126–127. ISBN 9789856374053. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]