The Bard's Tale (videoxogo de 1985)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tales of the Unknown: Volume I»)

The Bard's Tale
Logo do xogo.
Desenvolvedor(es)Interplay Productions
Distribuidora(s)Electronic Arts, Ariolasoft (Europa)
Deseñador(es)Michael Cranford
Lanzamento1985
XéneroRol
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Amiga, Amstrad CPC, Apple II, Apple IIGS, Macintosh, Atari ST, Commodore 64, MS-DOS, NES, ZX Spectrum, NEC PC-9801
SerieThe Bard's Tale
Na rede
http://www.inxile-entertainment.com/
IMDB: tt0829295 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Tales of the Unknown: Volume I, máis coñecido polo seu subtítulo The Bard's Tale, é un videoxogo de fantasía e rol creado por Interplay Productions en 1985 e distribuído por Electronic Arts.[1] Foi deseñado e programado por Michael Cranford.

Vagamente baseado no xogo Dungeons & Dragons e inspirado polos xogos de computador Wizardry, The Bard's Tale foi un xogo salientable no seu tempo polos seus gráficos 3D sen precedentes e polos retratos dos personaxes parcialmente animados. O Bardo tamén foi unha innovación: "O Bardo foi a contribución do autor Michael Cranford ó xénero, unha personaxe que lanza feitizos cantando algún dos seis tonos."[2]

Foi lanzado orixinalmente para Apple II, e despois foi adaptado para Commodore 64, Apple IIgs, ZX Spectrum, Amstrad CPC, Amiga, Atari ST, MS-DOS, Macintosh, e NES.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barton, Matt (23 de febreiro de 2007). The History of Computer Role-Playing Games, ed. "Part 2: The Golden Age (1985–1993)". Gamasutra. Consultado o 26 de marzo de 2009. 
  2. Bagnall, Michael R. (1988). Addams, Shay, ed. Quest for Clues. New Hampshire: Origin Systems. p. 27. ISBN 0-929373-00-6.