Taking Lives (filme)
| Taking Lives | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
Taking Lives é un filme estadounidense de 2004 dirixido por D. J. Caruso e protagonizado por Angelina Jolie e Ethan Hawke. Os papeis secundarios están interpretados por Kiefer Sutherland, Olivier Martinez, Tchéky Karyo, Jean-Hugues Anglade e Gena Rowlands. É unha adaptación da novela homónima escrita por Michael Pye, e conta a historia dun asasino en serie que adopta as identidades das súas vítimas.
O filme foi rodado en Montréal e na cidade de Quebec, no Quebec. A banda sonora orixinal foi composta por Philip Glass e o tema principal foi composto por Walter Werzowa, membro do grupo electónico Edelweiss.
Estreouse nos Estados Unidos o 19 de marzo de 2004 a través de Warner Bros. Pictures, e polo xeral recibiu críticas mixtas de tendencia negativa.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Angelina Jolie como Illeana Scott
- Ethan Hawke como Martin Asher/James Costa
- Paul Dano como Martin Asher de rapaz
- Kiefer Sutherland como Christopher Hart
- Gena Rowlands as Mrs. Rebecca Asher
- Olivier Martinez como Detective Joseph Paquette
- Tchéky Karyo como Inspector xefe Hugo Leclair
- Jean-Hugues Anglade como Detective Emil Duval
- Justin Chatwin como Matt Soulsby
- André Lacoste como caixeiro
- Billy Two Rivers como vendedor de coches
- Richard Lemire como policía do Quebec
- Julien Poulin como inspector do Quebec
- Marie-Josée Croze como médico
- Emmanuel Bilodeau como doutor
- Christian Tessier como Oficial de interrogación
Recadación
[editar | editar a fonte]Taking Lives recadou 32 682 342 dólares nos Estados Unidos, sumando un total de 65 470 529 dólares coa recadación internacional.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Taking Lives Reviews". Rotten Tomatoes. San Francisco, California: Fandango Media. Consultado o 20 de xuño de 2019.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Taking Lives (2004)". Consultado o 17 de maio de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Taking Lives na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)