Syntexis libocedrii
Syntexis libocedrii | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Syntexis libocedrii Rohwer, 1915 |
Syntexis libocedrii é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos sínfitos, a única viva actualmente sa superfamilia dos anaxieloideos e da súa única familia, a dos anaxiélidos, aínda que a familia ten un extenso rexistro fósil no Mesozoico. Esta especie é, polo tanto, un fósil vivente.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Tanto o xénero como a especie foron descitos en 1915 polo entomólogo estadounidense, especializdo nos himenópteros Sievert Allen Rohwer,[1][2] como integrante da familia dos céfidos, na súa obra "A remarkable new genus of Cephidae" Proceedings of the Entomological Society of Washington 17: 114-117.[3] (Aída que despois, en 1925, foi reclasificada na familia dos anaxiélidos por Andrei Vasiliévich Martynov).[4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Ten o notábel comportamento de que as femias ovipositan só nas especies dos xéneros Calocedrus, Thuja e Juniperus queimados recentemente, e mesmo a miúdo a madeira aínda está a arder mentres esta avespa pon os ovos, e as larvas desenvólvense na madeira.[6]
Distribución
[editar | editar a fonte]S. libocedrii encóntrase desde as montañas do centro de California até o sur da Columbia Británica, pero é moi poucas veces visto, excepto polos bombeiros.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Seltmann 2004.
- ↑ Syntexis Rohwer, 1915 no ITIS.
- ↑ Syntexis libocedrii Rohwer, 1915 no GBIF.
- ↑ Robert G. Foottit & Peter H. Adler, eds. (2017): Insect Biodiversity. Science and Society, Volume 1, 2nd Edition. Hoboken, Nova Jersey, USA: Wiley-Blackwell. ISBN 978-1-1189-4553-7.
- ↑ Bisby F. A., Roskov, Y. R., Orrell, T. M., Nicolson D., Paglinawan L. E., Bailly, N., Kirk, P. M., Bourgoin, T., Baillargeon, G. & Ouvrard D. (eds.) (6 de xuño sw 2011): "Species 2000 & ITIS Catalogue of Life: 2011 Annual Checklist". Species 2000: Reading, UK. Consultada o 6 de xuño de 2012.
- ↑ Schiff, N. M. (2000): "Insects associated with forest fires in Northern California and Oregon". Entomological Society of America meeting. Montreal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Seltmann, Katja Chantre ́(2004): "Building web-based interactive keys to the hymenopteran families and superfamilies" (PDF). College of Agriculture, University of Kentucky. Arquivado do orixinal o 3 de decembro de 2011. Consultado o 6 de xuño de 2021.