Suso Bahamonde
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1978 A Coruña |
| Actividade | |
| Ocupación | poeta |
Suso Bahamonde, nado na Coruña en 1978, é un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Instalado na Costa da Morte, foi membro do Batallón Literario da Costa da Morte. Tamén fundou o grupo poético musical The Inversos onde mesturaban poesía e rock, e onde el se encargaba da voz e as letras.
Publicou en 2001 o poemario Óxido nas flores da tarde en Letras de Cal. Colaborou en Dorna. En 2012 obtivo o accésit do Certame de Microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña polo relato "1985, verán"[1]. En 2014 publicou o poemario Expansión[2] que fora finalista no I Certame de Poesía Ardeiro. No 2019 publicou o poemario Caída. En 2021 fixo a súa primeira incursión na narrativa co libro de relatos, Instrucións para matar un oso.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Óxido nas flores da tarde, 2001 (Ed. Letras de Cal).
- Expansión, 2014 (Didot Editorial).
- Caída, 2019 (M Editora).
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Instrucións para matar un oso, 2021 (Editorial Belagua).