Surrealismo humanista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O surrealismo humanista é o nome que Luciano Rodríguez Gómez deu a unha corrente literaria, cultivada case exclusivamente polo poeta lugués Luís Pimentel.

Características[editar | editar a fonte]

Pimentel era un gran lector, o cal influirá de maneira directa na súa obra. Por isto, o surrealismo humanista nace influído pola escrita de Rosalía de Castro, Ramón María del Valle-Inclán, Dámaso Alonso, Jorge Guillén), Juan Ramón Jiménez, Francis Jammes, Jules Laforgue ou Jules Superville. Foi en base a estas lecturas que Rodríguez Gómez nomeou como surrealismo humanista ao mundo poético propio de Pimentel.

O nome está relacionado co feito de que Luís Pimentel era médico. Alén disto, posuía unha grande empatía polos seres que o rodeaban, unha grande sensibilidade pola dor allea. Todos os días, na súa consulta, debía enfrontarse a situacións que ían desgastando o seu espírito pouco a pouco. Ante esta situación, o autor encontrou na morfina o seu refuxio na poesía o seu medio de expresión. Trátase dunha poética sinxela e afectiva, con elementos propios da vangarda (como a xustaposición de imaxes) transmitidos a través dun ton coloquial e dunha sinxeleza tremendamente estudada.

Este movemento está constituído por elementos que convidan ao recollemento: xardíns abandonados, prazas baleiras, son lento das campás, chuvia suave e lenta… Predominan as cores escuras e apagadas (en contraposición ao hilozoísmo). En todos os seus poemas achamos a temática da solidariedade e denuncia do sufrimento alleo, a cal pode ser vista en poemas como Cunetas ou Enterro do neno pobre. Non utiliza Pimentel a rima, senón que os seus poemas aseméllanse á prosa poética. Aínda así, estamos ante poemas dotados de grande musicalidade e formas poéticas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]