Surface Water and Ocean Topography
Surface Water and Ocean Topography / SWOT | |
---|---|
SWOT | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA, CNES, Axencia Espacial Canadense |
Contratistas principais | Thales Alenia Space |
Data de lanzamento | 16 de decembro de 2022[1][2][3] |
Foguete portador | Falcon 9[2][4] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Estudo da topografía oceánica.[2][3][4][5] |
NSSDC ID | 2022-173A |
Masa | 2200 kg[4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7271 km[1] |
Inclinación | 77,6°[1] |
Apoapse | 900,8 km[1] |
Periapse | 899,9 km[1] |
Surface Water and Ocean Topography, coñecido tamén pola súa sigla, SWOT, é un satélite conxunto da NASA, o CNES e a Axencia Espacial Canadense lanzado o 16 de decembro de 2022 a bordo dun foguete Falcon 9 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de SWOT é facer o primeiro estudo global da auga superficial da Terra, medindo con precisión os cambios nos corpos de auga ao longo do tempo. O satélite estudará o 90% da superficie terrestre, incluíndo lagos, ríos, reservas de auga e océanos polo menos dúas veces cada 21 días para mellorar os modelos de circulación oceánica e as predicións meteorolóxicas e climáticas, así como axudar á xestión do auga doce en todo o mundo.[1][2][4][5]
O satélite leva a bordo os seguintes instrumentos:[1][2][4][5]
- KaRIn (Ka-band Radar Interferometer), un radar de apertura sintética en banda Ka.
- Poseidon-3C, un altímetro para medir a altura sobre o a superficie mariña.
- Un radiómetro de microondas para medir a cantidade de vapor de auga ó longo do traxecto do altímetro para corrixir o atraso dos pulsos de radar.
- DORIS (Doppler Orbitography and Radiopositioning Integrated by Satellite), unha antena para seguimento Doppler e determinar con precisión a órbita do satélite e facer correccións ao altímetro polos efectos da ionosfera.
- GPSP (GPS Payload receiver), un receptor GPS para determinar a órbita con precisión.
- LRA (Laser Retroreflector Array), un retrorreflector láser para o seguimento desde estacións en terra para verificación das medicións do altímetro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "SWOT" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "SWOT" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 11 April 2023 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (23-12431 (E)). 27 de xuño de 2023: 8. Consultado o 21 de marzo de 2024.[Ligazón morta]
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "SWOT" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2024). "SWOT" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Surface Water and Ocean Topography |