Saltar ao contido

Suratá

Suratá
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Superficie
   261 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1.934 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap1314972 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02qcys8 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Suratá é un concello colombiano, situado no departamento de Santander. Atópase a 1.740 metros sobre o nivel do mar e a súa temperatura media anual é de 19 °C. Ten unha superficie de 348 km²[1] e unha poboación de 3 295 habitantes (2015).[2]

A distancia a Bucaramanga, a capital do departamento, é de 45 km. Está dividida en catro correxementos: El Filo, Turbay, Cachirí, e El Mohan. No seu territorio tivo lugar a batalla de Cachirí.

Correxemento de Turbay

[editar | editar a fonte]

Situado na parte norte do concello Suratá, está conformado por sete vereas que son Santa Rosa, Mesalla, El Centro, San Isidro, El Mineral, Las Abejas e Cartagena. Este correxemento ten dús vías de acceso que o comunican co concello de El Playón, Rionegro, e a outra vía comunícao con Suratá, Matanza, California, Veta, Tona, Charta; polas dúas vías pódese chegar á cidade de Bucaramanga. No correxemento prodúcese: arracacha, iuca, plátano, mora, curuba, panela e café, entre outros. Tamén se celebran as feiras na honra da Virxe de Guadalupe, nos días 12, 13, 14 e 15 de decembro.

Colexio Francisco San Juan

[editar | editar a fonte]

Situado no correxemento de Turbay, foi fundado o 23 de novembro de 1996. O seu primeiro reitor foi Antonio Villamizar, o cal compuxo o himno do colexio. Este colexio leva o nome na honra de Francisco San Juan, o cal doou o terreo onde se construíu. No ano 2009, graduouse a primeira promoción do colexio. O seu reitor actual é Alex Eduardo Angarita Gómez.

  1. "Información general de Suratá" (en castelán). Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2015. Consultado o 8 de novembro de 2018.
  2. "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 8 de novembro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]