Supercúmulo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un mapa mapa dos supercúmulos e os baleiros máis próximos á Terra.
O supercúmulo Abell 901/902 está localizado a algo máis de dous mil millóns de anos luz da Terra.[1]

Un supercúmulo é un gran conxunto formado por de agrupacións de menor nivel de galaxias como cúmulos de galaxias ou grupos de galaxias, que é unha das estruturas máis grandes coñecidas do cosmos. A Vía Láctea forma parte do cúmulo galáctico chamado Grupo Local (que contén máis de 54 galaxias), o cal á súa vez forma parte do Supercúmulo de Laniakea.[2] Este supercúmulo esténdese ao longo de 500 millóns de anos luz, mentres que o Grupo Local abrangue uns 10 millóns de anos luz.[3] O número de supercúmulos no Universo observable estímase que é de 10 millóns.[4]

As galaxias non están dispersas polo espazo aleatoriamente, senón que están agrupadas en cúmulos. Os cúmulos de galaxias, á súa vez, agrúpanse entre si para formar supercúmulos. Tipicamente, os supercúmulos conteñen ducias de cúmulos individuais en áreas do espazo dun diámetro duns 150 millóns de anos luz. A diferenza dos cúmulos, a maioría dos supercúmulos non están ligados gravitacionalmente. Os cúmulos que os compoñen están xeralmente separándose uns doutros debido ao fluxo de Hubble.

A galaxia Vía Láctea está incluída no Grupo Local, que é un pequeno e irregular cúmulo de galaxias. Os cúmulos pobres en galaxias como o Grupo Local poden conter só unhas poucas ducias de galaxias, comparados cos cúmulos máis ricos en galaxias que teñen centos ou miles. O Grupo Local está preto do Supercúmulo Local (tamén chamado Supercúmulo de Virgo), que ten un diámetro de 100 millóns de anos luz. Recentemente propúxose a existencia do supercúmulo Lainakea, que incluiría como parte del ao anteriormente definido supercúmulo de Virgo. O Supercúmulo Local contén un total de 1015 veces a masa do Sol.

O Supercúmulo Local, no que está a Vía Láctea, está movéndose en dirección ao Grande Atractor, debido á gran forza gravitatoria deste, a unha velocidade de varios centos de quilómetros por segundo. A maior agrupación preto do Universo local é o Filamento Perseus–Pegasus. Contén o supercúmulo de Perseus e esténdese ao longo de mil millóns de anos luz, polo que que é unha das maiores estruturas coñecidas do Universo.

Distribución: baleiros cósmicos e láminas[editar | editar a fonte]

Os investigadores intentan comprender a maneira en que se distribúen os supercúmulos polo espazo. Utilizáronse mapas para situar as posicións de 1,6 millóns de galaxias. Para comprender mellor as posicións destes supercúmulos utilízanse mapas tridimensionais, e para elaboralos hai que coñecer a posición da galaxia no ceo e o seu desprazamento ao vermello.

A partir destes mapas descubriuse que os supercúmulos de galaxias non se distribúen uniformemente polo Universo, senón que se dispoñen ao longo do que se chama filamentos. Os mapas revelan a existencia de grandes baleiros nos que o número de galaxias é extremadamente reducido. Nalgúns destes baleiros poden encontrarse algunhas galaxias de luz feble ou nubes de hidróxeno, pero a maioría das galaxias encóntrase dispostas en láminas (sheets) entre os baleiros. Os baleiros adoitan ser esféricos, pero os supercúmulos non. Poden ter un diámetro entre 100 millóns e 400 millóns de anos luz. O padrón de láminas e baleiros contén información sobre como se formaron os cúmulos de galaxias no Universo temperán.

A miúdo utilízase a analoxía dunha esponxa para describir o padrón de cúmulos de galaxias no Universo, no que os buratos da esponxa son os baleiros cósmicos e o resto son os supercúmulos.

Importancia[editar | editar a fonte]

A existencia dos supercúmulos indica que as galaxias do Universo non están distribuídas uniformemente; a maioría delas son atraídas xuntándose en grupos e cúmulos; os grupos adoitan conter algunhas ducias de galaxias e os cúmulos centos ou miles. Estes grupos e cúmulos, xunto con galaxias illadas xúntanse formando estruturas máis grandes que son os supercúmulos.

A súa existencia foi postulada primeiramente por George Abell no seu catálogo de cúmulos de galaxias de 1958. El denominou os supercúmulos "cúmulos de segunda orde" ou cúmulos de cúmulos.[5]

Os supercúmulos forman estruturas masivas de galaxias, chamados "filamentos", "complexos de supercúmulos", "murallas" ou "láminas", que poden abranguer desde varios centos de millóns de anos luz a 10 mil millóns de anos luz, cubrindo máis do 5% do Universo observable. Estas son as maiores estruturas coñecidas ata o momento. As observacións de supercúmulos poden dar información sobre as condicións iniciais reinantes no Universo, cando se crearon os supercúmulos. As direccións dos eixes rotacionais das galaxias dentro dos supercúmulos poden tamén dar ideas e informacións para explicar os procesos iniciais de formación das galaxias na historia do Universo.[6]

Diagrama[editar | editar a fonte]

Un diagrama da localización da Terra no Universo observable e dos supercúmulos de galaxias veciños. (Clique aquí para ver unha imaxe maior.

Lista de supercúmulos[editar | editar a fonte]

Supercúmulos próximos[editar | editar a fonte]

Supercúmulo de galaxias Datos Notas
Supercúmulo de Laniakea
  • z = 0,000
  • Lonxitude = 153 Mpc (500 millóns de anos luz)
O supercúmulo Laniakea contén o cúmulo de Virgo e o Grupo Local (onde está a Vía Láctea).[2]
Supercúmulo de Virgo
  • z= 0,000
  • Lonxitude = 33 Mpc (110 millóns de anos luz)
Contén o Grupo Local coa Vía Láctea. Tamén contén o cúmulo de Virgo preto do seu centro, e denomínase ás veces Supercúmulo Local. Crese que contén 47 000 galaxias.

En 2014, propúxose o supercúmulo de Laniakea que incluía dentro del o supercúmulo de Supercluster.[7]

Supercúmulo de Hydra-Centaurus Está composto por dous lobos, aos que ás veces se lles denomina supercúmulos, ou o supercúmulo completo denomínase como supercúmulo de Hydra ou supercúmulo de Centaurus.

En 2014, propúxose o supercúmulo de Laniakea no que quedou incluído o supercúmulo de Hydra-Centaurus.[7]

Supercúmulo de Perseus-Pisces
Supercúmulo de Pavo-Indus

En 2014, propúxose o supercúmulo de Laniakea, no que quedou incluído o supercúmulo de Pavo-Indus.[7]

Supercúmulo de Coma Forma a maior parte do CfA Homunculus, o centro do filamento de galaxias CfA2 Gran Muralla
Supercúmulo de Sculptor SCl 9
Supercúmulos de Hércules SCl 160
Supercúmulo de Leo SCl 93
Supercúmulo de Ophiuchus
  • 17h 10m -22°
  • cz=8500–9000 km/s (centro)
  • 18 Mpc x 26 Mpc
Forma a parede máis afastada do Baleiro de Ophiuchus, pode estar conectado nun filamento, co supercúmulo de Pavo-Indus-Telescopium e o supercúmulo de Hércules. Este supercúmulo está centrado no cúmulo cD do cúmulo de Ophiuchus, e ten como membros polo menos outros dous cúmulos de galaxias máis, catro grupos de galaxias, e varais galaxias de campo.[8]
Supercúmulo de Shapley
  • z=0,046.(situado a 650 millóns de anos luz)
O segundo supercúmulo que se atopou, despois do Supercúmulo Local.

Supercúmulos distantes[editar | editar a fonte]

Supercúmulo de galaxias Datos Notas
Supercúmulo de Pisces-Cetus
Supercúmulo de Boötes SCl 138
Supercúmulo de Horologium
z=0,063 (a 700 millóns de anos luz)
Lonxitude = 550 millóns de anos luz
O supercúmulo completo denomínase supercúmulo de Horologium-Reticulum
Supercúmulo de Corona Borealis
z=0,07[9]
Supercúmulo de Columba
Supercúmulo de Aquarius
Supercúmulo de Aquarius B
Supercúmulo de Aquarius-Capricornus
Supercúmulo de Aquarius-Cetus
Supercúmulo de Boötes A
Supercúmulo de Caelum SCl 59
Supercúmulo de Draco
Supercúmulo de Draco-Ursa Major
Supercúmulo de Fornax-Eridanus
Supercúmulo de Grus
Supercúmulo de Leo A
Supercúmulo de Leo-Sextans
Supercúmulo de Leo-Virgo SCl 107
Supercúmulo de Microscopium SCl 174
Supercúmulo de Pegasus-Pisces SCl 3
Supercúmulo de Perseus-Pisces SCl 40
Supercúmulo de Pisces-Aries
Supercúmulo de Ursa Majoris
Supercúmulo de Virgo-Coma SCl 111

Supercúmulos enormemente distantes[editar | editar a fonte]

Supercúmulo de galaxias Datos Notas
Supercúmulo de Lynx z=1,27 Descuberto en 1999[10] (ClG J0848+4453 é un nome utilizado para describir o cúmulo occidental, e ClG J0849+4452 para o oriental),[11] contén polo menos dous cúmulos RXJ 0848.9+4452 (z=1,26) e RXJ 0848.6+4453 (z=1,27). No momento do descubrimento era o supercúmulo máis distante coñecido.[12] Adicionalmente, hai sete grupos máis pequenos de galaxias asociados con este supercúmulo.[13]
SCL @ 1338+27 a z=1,1

z=1,1

Lonxitude=70Mpc

Descubriuse un rico supercúmulo con varios cúmulos de galaxias arredor dunha concentración pouco corrente de 23 QSOs a z=1,1 en 2001. O tamaño do complexo de cúmulos pode indicar que alí existe unha muralla de galaxias, en vez dun só supercúmulo. O seu tamaño aproxímase ao tamaño do filamento da CfA2 Gran Muralla. No momento do descubrimento era o supercúmulo máis grande e máis distante alén de z=0,5 [14][15]
SCL @ 1604+43 at z=0,9 z=0,91 Este supercúmulo no momento do seu descubrimento era o supercúmulo máis grande atopado nunha zona tan profunda do espazo, en 2000. Constaba de dous cúmulos ricos en galaxias coñecidos e outro novo descuberto como resultado deste estudo. Os cúmulos que xa se coñecían entón eran Cl 1604+4304 (z=0,897) e Cl 1604+4321 (z=0,924), que se sabía entón que tiñan 21 e 42 galaxias, respectivamente. O cúmulo novo que se descubriu estaba localizado a 16h 04m 25.7s, +43° 14′ 44.7″[16]
SCL @ 0018+16 a z=0,54 en SA26 z=0,54 Este supercúmulo sitúase arredor da radiogalaxia 54W084C (z=0,544) e está composto por polo menos tres grandes cúmulos, CL 0016+16 (z=0,5455), RX J0018,3+1618 (z=0,5506), RX J0018,8+1602 .[17]
MS 0302+17

z=0,42

Lonxitude=6Mpc

Este supercúmulo consta de polo menos tres cúmulos, o cúmulo do leste CL 0303+1706, o cúmulo do sur MS 0302+1659 e o cúmulo do norte MS 0302+1717.[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "An Intergalactic Heavyweight". ESO Picture of the Week. Consultado o 12 February 2013. 
  2. 2,0 2,1 Earth's new address: 'Solar System, Milky Way, Laniakea' / Nature
  3. Cain, Fraser (4 May 2009). "Local Group". Universe Today. Consultado o 6 December 2015. 
  4. "The Universe within 14 billion Light Years". Atlas of the Universe. Consultado o 6 December 2015. 
  5. Abell, George O. (1958). "The distribution of rich clusters of galaxies. A catalogue of 2,712 rich clusters found on the National Geographic Society Palomar Observatory Sky Survey". The Astrophysical Journal Supplement Series 3: 211–88. Bibcode:1958ApJS....3..211A. doi:10.1086/190036. 
  6. Hu, F. X.; et al. (2006). "Orientation of Galaxies in the Local Supercluster: A Review". Astrophysics and Space Science 302 (1–4): 43–59. Bibcode:2006Ap&SS.302...43H. arXiv:astro-ph/0508669. doi:10.1007/s10509-005-9006-7. 
  7. 7,0 7,1 7,2 R. Brent Tully; Helene Courtois; Yehuda Hoffman; Daniel Pomarède (2 September 2014). "The Laniakea supercluster of galaxies". Nature (4 September 2014) 513 (7516): 71. Bibcode:2014Natur.513...71T. PMID 25186900. arXiv:1409.0880. doi:10.1038/nature13674. 
  8. Hasegawa, T.; et al. (2000). "Large-scale structure of galaxies in the Ophiuchus region". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 316 (2): 326–344. Bibcode:2000MNRAS.316..326H. doi:10.1046/j.1365-8711.2000.03531.x. 
  9. Postman, M.; Geller, M. J.; Huchra, J. P. (1988). "The dynamics of the Corona Borealis supercluster". Astronomical Journal 95: 267–83. Bibcode:1988AJ.....95..267P. doi:10.1086/114635. 
  10. Rosati, P.; et al. (1999). "An X-Ray-Selected Galaxy Cluster at z = 1.26". The Astronomical Journal 118 (1): 76–85. Bibcode:1999AJ....118...76R. arXiv:astro-ph/9903381. doi:10.1086/300934. 
  11. "Lynx Supercluster". SIMBAD. 
  12. Nakata, F.; et al. (2004). Discovery of a large-scale clumpy structure of the Lynx supercluster at z∼1.27. Proceedings of the International Astronomical Union 2004 (Cambridge University Press). pp. 29–33. Bibcode:2004ogci.conf...29N. ISBN 0-521-84908-X. doi:10.1017/S1743921304000080. 
  13. Ohta, K.; et al. (2003). "Optical Identification of the ASCA Lynx Deep Survey: An Association of Quasi-Stellar Objects and a Supercluster at z = 1.3?". The Astrophysical Journal 598: 210–215. Bibcode:2003ApJ...598..210O. arXiv:astro-ph/0308066. doi:10.1086/378690. 
  14. Tanaka, I. (2004). "Subaru Observation of a Supercluster of Galaxies and QSOS at Z = 1.1". Studies of Galaxies in the Young Universe with New Generation Telescope, Proceedings of Japan-German Seminar, held in Sendai, Japan, July 24–28, 2001. pp. 61–64. Bibcode:2004sgyu.conf...61T. 
  15. Tanaka, I.; Yamada, T.; Turner, E. L.; Suto, Y. (2001). "Superclustering of Faint Galaxies in the Field of a QSO Concentration at z ~ 1.1". The Astrophysical Journal 547 (2): 521–530. Bibcode:2001ApJ...547..521T. arXiv:astro-ph/0009229. doi:10.1086/318430. 
  16. Lubin, L. M.; et al. (2000). "A Definitive Optical Detection of a Supercluster at z ≈ 0.91". The Astrophysical Journal 531 (1): L5–L8. Bibcode:2000ApJ...531L...5L. PMID 10673401. arXiv:astro-ph/0001166. doi:10.1086/312518. 
  17. Connolly, A. J.; et al. (1996). "Superclustering at Redshift z = 0.54". The Astrophysical Journal Letters 473 (2): L67–L70. Bibcode:1996ApJ...473L..67C. arXiv:astro-ph/9610047. doi:10.1086/310395. 
  18. University of Hawaii, "The MS0302+17 Supercluster", Nick Kaiser. Retrieved 15 September 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Freedman, Roger; Gellar, Robert M.; Kaufmann, William III (2015). "Galaxies". Universe (10th ed.). New York: W.H. Freedman. ISBN 978-1-319-04238-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]