Sultán de Brunei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sultán e Señor de Brunei Darussalam
Sultan dan Yang Di-Pertuan Negara Brunei Darussalam
Personal Emblem of the Sultan of Brunei.svg
Emblema persoal do Sultán

TratamentoSúa Maxestade
ResidenciaPalacio de Nurul Iman, Bandar Seri Begawan
Herdeiro presuntivoAl-Muhtadee Billah
Primeiro titularMuhammad Shah
Creación1405
Precedido porOmar Ali Saifuddien III

O Sultán de Brunei é o xefe de Estado e monarca absoluto de Brunei. É tamén o xefe de goberno na súa condición de Primeiro Ministro de Brunei.[1] Dende a independencia de Brunei dos británicos en 1984, só reinou un Sultán, aínda que a institución data do século XIV.

O Sultán de Brunei pode ser considerado como sinónimo da gobernante Casa de Bolkiah, con xeracións que poden ser trazadas dende o primeiro sultán, temporalmente interrompido polo 13º sultán, Abdul Hakkul Mubin, que á súa vez foi deposto por un membro da Casa de Bolkiah. O título completo do Sultán é: A Súa Maxestade O Sultán e Yang Di-Pertuan de Brunei Darussalam.[1]

Sultáns[editar | editar a fonte]

Sultáns De Brunei dende 1368:

Nome Inicio do reinado Fin do reinado Notas
1 Muhammad Shah / Awang Alak Betatar 1368[2] 1402 Estabelecido o Sultanato.[2]
2 Ahmad / Awang Pateh Berbai 1408 1425
3 Sharif Ali / Sultan Barkat (Sultán Bendicido) 1425 1432 Non ten relación xenealóxica directa co seu predecesor, mais foi seleccionado por ser xenro do anterior sultán (Ahmad) e estar moi versado no Islam.
4 Sulaiman 1432 1485 Fillo do anterior sultán, Sharif Ali. Abdicou no seu fillo Bolkiah.
5 Bolkiah / Nakhoda Ragam (O Capitán de Canto) 1485 1524 Fillo do anterior sultán, Sulaiman.
6 Abdul Kahar 1524 1530 Fillo do anterior sultán, Bolkiah
7 Saiful Rijal 1533 1581 Sobriño e fillo adoptado do anterior sultán, Abdul Kahar. Estalou a Guerra hispano-bruneana entre España e Brunei.
8 Shah Berunai 1581 1582 Fillo maior do Sultán Saiful Rijal
9 Muhammad Hassan 1582 1598 Irmán máis novo de Shah Berunai.
10 Abdul Jalilul Akbar 1598 1659
11 Abdul Jalilul Jabbar 1659 1660
12 Muhammad Ali 1660 1661 Esganado polo seu sucesor Abdul Hakkul Mubin, iníciase a Guerra civil de Brunei.
13 Abdul Hakkul Mubin 1660 1673 Iniciou a Guerra civil de Brunei. por matar o seu predecesor Muhammad Ali e foi á súa vez matado por Muhyiddin que o sucedeu como Sultán.
14 Muhyiddin 1673 1690 Fillo de Abdul Jalilul Akbar quen vingou a morte do seu sogro Muhammad Ali asasinando a Abdul Hakkul Mubin, e pondo fin á Guerra civil de Brunei.
15 Nasruddin 1690 1710
16 Hussin Kamaluddin 1710 1730 Primeiro dos seus dous reinados
17 Muhammad Alauddin 1730 1737 Instruíu a Datu Imam Yaakub para escribir o Silsilah Raja-Raja Berunai, a xenealoxía dos Sultáns de Brunei
16 Hussin Kamaluddin 1737 1740 Segundo dos seus dous reinados
18 Omar Ali Saifuddin I 1740 1778
19 Muhammad Tajuddin 1778 1807 Ordeou a Khatib Abdul Latif as inscripcións do Batu Tarsilah
20 Muhammad Jamalul Alam I 1804 1804
21 Muhammad Kanzul Alam 1807 1826
22 Muhammad Alam 1826 1828
23 Omar Ali Saifuddin II 1828 1852 Brunei cedeu algúns territorios de Sarawak a James Brooke. Brunei cedeu Labuan aos británicos.
24 Abdul Momin 1852 29 de maio de 1885 Brunei cedeu a parte noroeste de Borneo aos británicos. En 1884 produciuse a declaración de Amanat, que xuraba non ceder máis territorios de Brunei a poderes estranxeiros.
25 Hashim Jalilul Alam Aqamaddin 29 de maio de 1885 10 de maio de 1906 Reino Unido estabeleceu un protectorado sobre Brunei en 1888.
26 Muhammad Jamalul Alam II 10 de maio de 1906 11 de setembro de 1924 Morreu tras un brote de malaria así como tres membros da súa familia.
27 Ahmad Tajuddin 11 de setembro de 1924 4 de xuño de 1950 Produciuse a ocupación xaponesa de Brunei.
28 Omar Ali Saifuddien III 4 de xuño de 1950 5 de outubro de 1967 Asinouse a Constitución de Brunei de 1959. Abdicou voluntariamente en prol do seu fillo maior, Hassanal Bolkiah. Converteuse no primeiro Ministro de Defensa de Brunei despois da independencia de 1984.
29 Hassanal Bolkiah 5 de outubro de 1967 Presente Brunei recobrou a independencia do Reino Unido en 1984.

Incertezas[editar | editar a fonte]

O rexistro histórico máis antigo dos sultáns de Brunei non é claramente coñecido debido á mala documentación inicial da historia de Brunei. Moitos dos membros máis vellos da casa de Bolkiah aseguran que os seus antepasados foron BaHassan e BaAlawi Saadah de Tarim e Hadhramawt en Iemen. Ademais, houbo un intento de "islamizar" a historia e a "historia oficial" non coincide con fontes estranxeiras verificables. O Batu Tarsilah, o rexistro xenealóxico dos reis de Brunei, non comezou ata o ano 1807.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Sitio oficial do Primeiro Ministro" (en malaio). Consultado o 10 de maio de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Elisseeff, Vadime (2000). The Silk Roads: Highways of Culture and Commerce (en inglés). Berghahn Books. ISBN 978-1-57181-222-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]