Suisei
| Suisei / Planet A | |
|---|---|
Suisei | |
| Tipo | Científico |
| Organización | ISAS |
| Destino actual | Fóra de servizo.[1][2][3] |
| Data de lanzamento | 18 de agosto de 1985[1][4][5][6] |
| Foguete portador | Mu-3S-2[1][3] |
| Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Uchinoura[1][2] |
| Obxectivo da misión | Estudo do cometa Halley.[1][2] |
| NSSDC ID | 1985-073A |
| Masa | 139,5 kg[1] |
| Dimensións | Cilindro de 1,4 m de diámetro e 70 cm de alto.[7] |
| Potencia | 100 W[1] |
Suisei (en xaponés, すいせい) ou Planet-A foi unha sonda espacial da axencia xaponesa ISAS (Institute of Space and Astronautical Science) lanzado o 18 de agosto de 1985 mediante un foguete Mu-3S-2 desde o Centro Espacial de Uchinoura.[1][2][3][7]
Características
[editar | editar a fonte]Suisei (Cometa en xaponés) foi lanzada para sobrevoar e estudar o cometa Halley no seu perihelio de 1986. O obxectivo principal era tomar imaxes no ultravioleta da coroa de hidróxeno do cometa nun período de 30 días antes e despois do máximo achegamento. A sonda tamén medíu o vento solar durante un período de tempo maior. Suisei tiña forma de cilindro de 1,4 m de diámetro e 70 cm de alto e 140 quilos de peso, e estabilizábase mediante xiro, cun sistema de propulsión alimentado por hidracina para o control de actitude e de rotación.[1][2][3][7]
A sonda levaba dous instrumentos a bordo:[1][2][3][7]
- Unha cámara para o ultravioleta.
- Un experimento de plasma.
As observacións de Suisei no ultravioleta comezaron en novembro de 1985, obtendo ata seis imaxes por día. O máximo achegamento ao Halley tivo lugar o 8 de marzo de 1986, a unha distancia de 150.000 km do núcleo e sufrindo tan só dous impactos de partículas de po. Despois de finalizar a misión o control enviou á sonda a un sobrevoo da Terra para 1992 como paso previo ao sobrevoo doutro cometa, pero antes do sobrevoo perdeuse o contacto coa sonda.[1][2][3][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 NASA (14 de maio de 2020). "Suisei" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2020. Consultado o 31 de decembro de 2020.
- 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2020). "Planet A" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020.
- 1 2 3 4 5 6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Planet A (Suisei)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020.
- ↑ N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "SUISEI" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2020). "Planet-A / Suisei" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020.[Ligazón morta]
- ↑ "Note verbale dated 30 October 1985 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (85-32149). 12 de novembro de 1985: 2. Consultado o 31 de decembro de 2020.
- 1 2 3 4 5 JAXA, ed. (2020). "SUISEI" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020.