Suíza bohemia
| Tipo | espazo natural protexido cordilleira | |||
|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Bohemia e Suíza | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Arnoltice, República Checa | |||
| Localización | República Checa | |||
| ||||
| Características | ||||
| Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 1972 | |||
| Sitio web | npcs.cz | |||

Suíza bohemia, (en checo: České Švýcarsko; en alemán: Böhmische Schweiz), tamén coñecida como Suíza checa, é unha rexión do noroeste da República Checa. Atópase na parte checa das Montañas de arenito do Elba, ó norte de Děčín e a ámbalas marxes do río Elba. Esténdese cara ao leste en dirección ós Montes Lusacios e cara ao oeste en dirección ós Montes Metálicos. O seu punto máis elevado é o Děčínský Sněžník e é un espazo natural protexido dende o ano 1972.
A parte da rexión que fica á dereita do Elba converteuse en parque nacional o 1 de xaneiro de 2000, pasando a chamarse Parque Nacional České Švýcarsko e contando cuns 790 km² de superficie protexida. O parque nacional é adxacente ó Parque Nacional da Suíza saxoa (Nationalpark Sächsische Schweiz) en Alemaña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Suíza bohemia |
