Strombolicchio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Strombolicchio
Strombolicchio2.jpg
Vista da illa co facho
Aeolian Islands map.png
Localización da illa
Situación
País Italia Italia
Provincia Messina
Arquipélago Illas Eolias
Mar Mar Mediterráneo
Coordenadas 38°49′2″N 15°15′6″L / 38.81722, -15.25167Coordenadas: 38°49′2″N 15°15′6″L / 38.81722, -15.25167
Xeografía
Superficie 0´0035 km²
Longura máxima 131 m.
Largura máxima 52 m.
Punto máis alto 49 m.
Demografía
Poboación Deshabitada (2010)
Lingua propia Italiano

Strombolicchio (italiano: Isola di Strombolicchio[1]) é unha gran rocha de orixe volcánica a 2 km. ao nordés da illa de Stromboli nas Illas Eolias en Italia.

Características[editar | editar a fonte]

Xeoloxicamente, Strombolicchio é un colo volcánico de basalto moi duro e compactado resistente á erosión, é o resto do volcán orixinal que formou a illa de Stromboli, cuxas erupcións cesaron aproximadamente hai 200.000 anos, cando a actividade volcánica se desprazou 3 km. cara ao suroeste. É a única parte aérea dunha plataforma submarina que se estende entre ela e a illa principal. Está totalmente desprovista de auga e terras de cultivo, polo que está deshabitada.

Un faro alimentado por enerxía solar atópase na súa cima, comunicado por unha escaleira de formigón de máis de 200 pasos. A illa é unha atracción turística de Stromboli.

O nome é un diminutivo de Stromboli. Unha lenda transmitida de pai a fillo polos habitantes de Stromboli, di que Strombolicchio non é máis que a tapa do volcán, lanzada ao mar durante unha violenta erupción.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]