Stravaganzza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stravaganzza
OrixeEspaña Madrid,
Período2004-2010
2017-actualidade
Xénero(s)Metal gótico
metal sinfónico
metal progresivo
MembrosLeo Jiménez
Pepe Herrero
Miguel Ontivero
Patricio Babasasa
Carlos Expósito
Antigos membrosDani Pérez
Edu Fernández
Fernando Martín
Rodrigo Calderón
Aroa Martín
Artistas relacionadosSaratoga
Na rede
stravaganzza.com
Facebook: stravaganzzaoficial MySpace: stravaganzzaoficial Spotify: 1lVrgymnyAR40c556RIY5i iTunes: 251855365 Musicbrainz: 23304e16-a350-4306-b7eb-074e552bbbca Songkick: 338858 Discogs: 2658087 Deezer: 15828 Editar o valor em Wikidata

Stravaganzza é unha formación musical española de metal gótico de orixe madrileña. Xurdiu a mediados do ano 2004 e está liderada polo vocalista e guitarrista Leo Jiménez. O seu estilo de música poderíase clasificar como heavy metal de corte gótico, progresivo, e sinfónico, con influencias de metal extremo dos 90.

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo naceu en 2003 formada por Leo Jiménez, cantante nese momento da banda Saratoga; Dani Pérez, batería tamén de Saratoga; Edu Fernández, baixista en diferentes bandas, unha delas a banda de metal extremo Azabel, coa que tocara anos atrás Leo Jiménez; e Pepe Herrero, guitarrista, pianista e compositor, amigo de toda a vida de Leo Jiménez, co que comezara a cantar na banda de metal Krysalida.[1]

En 2004 a banda estreouse con Primer acto, o seu primeiro disco. Este ofrece cortes como "Dios Oveja negra" que se fixeron fixos nas presentacións en directo do grupo. En 2005 confirmouse como grupo revolución con Sentimientos, un disco temático que vira ao redor das diferentes sensacións que vive o ser humano na súa vida. Estes dous discos foron gravados pola primeira formación: Edu Fernández, Dani Pérez, Leo Jiménez e Pepe Herrero.

En 2005 Dani Pérez iniciou o o seu novo proxecto coa banda Skizoo (á que tamén se uniu un ano despois Edu Fernández) e, co tempo, abandonou Saratoga, a súa outra banda, debido á súa idea de querer dedicarse de pleno a Skizoo e Stravaganzza.[2]

O 11 de marzo de 2006 deuse a coñecer a noticia de que Dani e Edu, por problemas tanto de tempo como discográficos, non poderían compaxinar a súa actividade entre ambas bandas e decidían deixar Stravaganzza. O día 31 de marzo o grupo anunciou a incorporación de dous novos membros: Carlos Expósito, batería recomendado polo desaparecido Big Simon, e Patricio Babasasa nos labores de baixista. Doutra banda, Rodrigo Calderón -violín- e Fernando Martín -teclados-, que acompañaran ao grupo durante as súas presentacións en directo, pasaron a ser membros activos.[3]

A mediados de maio publicaron o seu terceiro traballo de estudo: Hijo del miedo. Trátase dun EP que inclúe temas dos seus dous primeiros discos remesturados, por exemplo "Pasión" (versión orquestral) e "Dios" (regravada pola nova formación), ademais da versión da canción de Mecano "Hijo de la luna". Ademais filmaron un anuncio para a empresa de roupa e calzado New Rock co tema "Soledad".[4]

En novembro de 2006 confirmouse a saída de Leo Jiménez de Saratoga para dedicarse plenamente a Stravaganzza.[5] O 24 de maio de 2007 publicouse o terceiro álbum de estudio da banda titulado Requiem, e co sobrenome de Tercer Acto. Contou coa colaboración de J. Molly, cantante do grupo Hamlet, no tema "Hombre", e cunha versión da canción dos anos 80 "Eloise" que fixera famosa Tino Casal. O disco foi un xiro a sons máis extremos, sen esquecer a contundencia metálica e os seus rexistros máis góticos.

En decembro de 2009 anunciaron na súa web oficial que estaban no estudo gravando un novo álbum, que sería o Cuarto Acto chamado Raíces, publicándose este finalmente o 27 de abril de 2010.[6] A finais de setembro de 2010 anunciaron unha paréntese indefinida debido a problemas técnicos e de infraestrutura, asegurando que tarde ou cedo volverían.[7]

Tras a parada de Stravaganzza, Leo Jiménez enfocouse na súa outra banda, chamada 037 (logo renomeada como Zero3iete tras a súa saída), para posteriormente centrarse na súa carreira en solitario.[8][9] Contando á batería con Carlos Expósito, e Pepe Herrero proseguiu coa súa carreira de compositor musical e colaborou coa cantante Mónica Naranjo.[10]

A finais de 2016 anunciouse a volta do grupo e o 23 de setembro do 2017 deron o seu primeiro concerto en Madrid.[11] Uns meses despois iniciaron unha xira por España e varios países de Latinoamérica.[12] O 29 de setembro de 2019 gravaron o seu primeiro disco en directo na Sala La Riviera de Madrid, sendo este publicado en outubro de 2020, co título La Noche del Fénix.[13]

Membros[editar | editar a fonte]

Membros anteriores[editar | editar a fonte]

Liña de tempo[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Primer Acto (2004)
  • Sentimientos (Segundo Acto) (2005)
  • Hijo del miedo (EP) (2006)
  • Réquiem (Terceiro Acto) (2007)
  • Raíces (Cuarto Acto) (2010)
  • The Best Of... (Recompilatorio) (2010)
  • La Noche del Fénix (en directo) (2020)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía de Stravaganzza" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2020. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  2. "Parón a partir de octubre" (en castelán). 25 de xullo de 2006. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  3. "Entrevista a Stravaganzza" (en castelán). 13 de xuño de 2006. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  4. "Stravaganzza: Spot New Rock - YouTube". www.youtube.com. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  5. "Saratoga sin Leo Jiménez" (en castelán). 2 de novembro de 2006. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  6. "Stravaganzza, single de su nuevo disco Raíces" (en castelán). 19 de marzo de 2010. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  7. "Parón indefinido y cambios en la gira" (en castelán). 17 de maio de 2010. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  8. "037, la banda de Leo Jiménez, lanzarán su segundo disco, ‘Los fuertes sobreviven’, en mayo" (en castelán). 11 de abril de 2011. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  9. "LEO JIMÉNEZ sigue adelante sin 037, quienes anunciarán nuevo cantante" (en castelán). 10 de abril de 2012. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  10. "El heavy más deseado no es Axl Rose" (en castelán). 7 de abril de 2016. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  11. "Stravaganzza vuelve hoy a los escenarios" (en castelán). 23 de setembro de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2020. [Ligazón morta]
  12. "LEO JIMÉNEZ confirma fechas de la gira de STRAVAGANZZA por América Latina" (en castelán). 23 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  13. "Stravaganzza publica ‘La Noche del Fénix’" (en castelán). 7 de outubro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2022. Consultado o 4 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]