Steven R. Nagel
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de outubro de 1946 Canton |
| Morte | 21 de agosto de 2014 Columbia |
| Causa da morte | cancro |
| Educación | Universidade de Illinois en Urbana-Champaign Escola de Pilotos de Probas da Forza Aérea dos Estados Unidos Universidade Estatal de California en Fresno |
| Actividade | |
| Ocupación | oficial, enxeñeiro de aviación, astronauta, aviador |
| Empregador | NASA, astronauta Universidade de Misuri |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Forza Aérea dos Estados Unidos de América |
| Rango militar | coronel (pt) |
| Tempo no espazo | 30 días, 1 hora e 34 minutos |
| Premios | |
| |
Steven Ray Nagel, nado en Canton, Illinois, o 27 de outubro de 1946 e finado o 21 de agosto de 2014, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-51-G, STS-61-A, STS-37 e STS-55.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nagel graduouse en enxeñaría aeroespacial pola Universidade de Illinois en 1969 e era máster en enxeñaría mecánica pola Universidade do Estado de California en Fresno en 1978.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en agosto de 1979, participando nas misións STS-51-G, STS-61-A, STS-37 e STS-55 e pasando un total de 30,07 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Mark Wade (2020). "Nagel, Steven Ray" (en inglés). Consultado o 5 de outubro de 2020.
- 1 2 3 NASA, ed. (22 de agosto de 2014). "Former NASA Astronaut Steven Nagel, Veteran of Four Shuttle Flights, Dies at 67" (en inglés). Consultado o 5 de outubro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Steven R. Nagel |