STS-61-A
| STS-61-A | |
|---|---|
Lanzamento da misión STS-61-A. | |
| Tipo | Tripulado |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 30 de outubro de 1985, 17:00 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
| Duración da misión | 7,03 días[6] |
| Obxectivo da misión | Experimentos no laboratorio Spacelab D1 e posta en órbita do satélite GLOMR.[3][6] |
| Regreso | 6 de novembro de 1985[6] |
| Sitio de regreso | Base Edwards da Forza Aérea |
| NSSDC ID | 1985-104A |
STS-61-A foi unha misión do transbordador espacial Challenger lanzada o 30 de outubro de 1985 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-61-A, cun récord de oito astronautas a bordo, foi lanzada para facer toda unha serie de experimentos no laboratorio Spacelab D1, na bodega de carga do transbordador. Tamén puxo en órbita o satélite GLOMR. A tripulación estaba formada polo comandante Henry W. Hartsfield, o piloto Steven R. Nagel, os especialistas de misión James F. Buchli, Guion S. Bluford e Bonnie J. Dunbar e os especialistas de carga Reinhard Furrer, Ernst Messerschmid e Wubbo J. Ockels, o primeiro astronauta neerlandés.[3][5][6][7]
O obxectivo principal da misión foi levar a cabo experimentos no módulo Spacelab D1 e no taller de materiais de a bordo. Fixéronse cerca de 70 investigacións en campos como a física de fluídos, solidificación de cristais e metais, a resposta de células humanas e de plantas á microgravedade e o crecemento de cristais en vapor. A maior parte dos investigadores implicados nos experimentos eran alemás, pero tamén houboos franceses, italianos, neerlandeses, españois, suízos e estadounidenses.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 6 de novembro de 1985, despois de sete días en órbita.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 61A" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2018.
- 1 2 "Note verbale dated 15 April 1986 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (86-10833). 18 de abrilde 1986: 2. Consultado o 3 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 61A/Spacelab D1" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS 61-A / Spacelab D-1" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-61-A" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 NASA (18 de febreiro de 2010). "STS-61A" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-61-A |