Stephen Robinson
Stephen Robinson | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 26 de outubro de 1955 |
Lugar | Sacramento |
Actividade | |
Misións | STS-114, STS-130, STS-95 e STS-85 |
Tempo no espazo | 48,41 días |
[ editar datos en Wikidata ] |
Stephen Kern Robinson, nado en Sacramento, California, o 26 de outubro de 1955, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-85, STS-95, STS-114 e STS-130.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Robinson graduouse en enxeñaría mecánica e enxeñaría aeronáutica pola Universidade de California en Davis en 1978 e é máster en enxeñaría mecánica pola Universidade Stanford en 1985. Ten un doutoramento en enxeñaría mecánica pola Universidade Stanford en 1990.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en decembro de 1994, participando nas misións STS-85, STS-95, STS-114 e STS-130 e pasando un total de 48,41 días no espazo.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2021). "Robinson, Stephen Kern" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xullo de 2012). "STEPHEN K. ROBINSON (PH.D.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stephen Robinson ![]() |