STS-95
STS-95 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-95. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 29 de outubro de 1998, 19:19 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 8,91 días[6] |
Obxectivo da misión | Experimentos en microgravedade e observacións astronómicas.[3][6] |
Regreso | 7 de novembro de 1998[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1998-064A |
STS-95 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 29 de outubro de 1998 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-95, con sete astronautas (Curtis Brown, Steven Lindsey, Scott Parazynski, Stephen Robinson, Pedro Duque, Chiaki Mukai e John Glenn) a bordo, foi unha misión lanzada para levar a cabo varios experimentos no módulo Spacehab e facer observacións astronómicas coa plataforma Spartan-201. A misión tivo gran repercusión nos medios ao voar nela John Glenn, o primeiro estadounidense en chegar á órbita, en 1962, e o primeiro español, Pedro Duque. Durante a misión liberouse o satélite PANSAT e tamén fixéronse probas co sistema HOST (Hubble Space Telescope Orbiting Systems Test) para a seguinte misión de mantemento do telescopio espacial Hubble, así como observacións astronómicas coa carga International Extreme Ultraviolet Hitchhiker.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 7 de novembro de 1998.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 95" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 3 March 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-82696(E)). 30 de marzo de 1999: 10. Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 95" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-95" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-95" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-95" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-95 |