Stephen P. Hubbell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stephen P. Hubbell
Datos persoais
Nacemento 17 de febreiro de 1942
Lugar Gainesville, Florida
Falecemento
Lugar
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia
Nacionalidade Estadounidense
Etnia
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo Bioloxía, Ecoloxía
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Fundamentar a Teoría neutral unificada da biodiversidade e a bioxeografía.
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Stephen P. Hubbell, nado en Gainesville (Florida) o 17 de febreiro de 1942 é un ecoloxista estadounidense da Facultade da Universidade de California. É autor da Teoría neutral unificada da biodiversidade e a bioxeografía (abreviada habitualmente como UNTB), e a cal intenta explicar a diversidade e a abundancia relativa das especies nas comunidades ecolóxicas.

O Doutor Hubbell tamén é membro honoriario o Smithsonian Tropical Research Institute de Balboa, Panamá. É tamén recoñecido polos seus estudos en bosques tropicais. No 1980 el e Robin Foster no Museo do Campo en Chicago comezaron cos primeiros estudos de dinámica de bosques en 50 hectáreas na Illa de Barro Colorado de Panamá. Os gráficos obtidos nese estudo convertéronse nas referencias protocolarias dunha rede global de gráficos de dinámica forestal de longa permanencia, todas con medidas idénticas nos seguintes procedementos de protocolo. Esta rede global agora acada máis de 40 gráficos en 22 países tropicais e eses gráficos conteñen máis de 8000 especies forestais e 6 millóns de individuos etiquetados, mapeados e monitorizados a longo termo para comprobar o seu crecemento, supervivencia e reconto.

O centro para a Ciencia dos bosques Tropicais coordina a busca e mostra en todo o globo por medio do Smithsonian Tropical Research Institute. Dende o 2008 o programa expandiuse cara a zona temperada e agora coñécese como o Smithsonian Institution Global Earth Observatory ou SIGEO.

No 1988, mentres exercía de profesor na Universidade de Princeton, fundou o Comité para os Institutos Ambientais (CNIE), unha organización en Washington D.C. sen ánimo de lucro e en coordinación con Pew Charitable Trusts. O obxectivo do CNIE era promover a creación do Instituto Nacional de Saúde. Despois dunha ducia de anos, a organización converteuse no Concello Nacional para a Ciencia e o Medio Ambiente, que tiña por misión «mellorar as bases das toma de decisións nas ciencias ambientais».

Obtivo o seu doutorando en zooloxía na Universidade de California, Berkeley, no 1969. Como profesor na Universidade de Michigan, ensinou nos cursos de graos da Organización de Estudos Tropicais en Costa Rica. Mais adiante, na Universidade de Princeton, como profesor de Ecoloxía e Bioloxía Evolutiva, continuou cos estudos da bioloxía poboacional en árbores tropicais.

No 2003, o Doutor Hubbell obtivo a distinción de profesor de investigación do Departamento de Bioloxía de Plantas na Universidade de Xeorxia. [1]

No Pew Institute for Ocean Science, Hubbell iniciou o establecemento do Consello Nacional para Ciencia e Medio Ambiente ([National Council for Science and the Environment, NCSE), que traballa cos partidos políticos para crear e usar o coñecemento ambiental para a toma de decisións.

O Doutor Hubbell está casado coa ecoloxista evolutiva Patricia Adair Gowaty, quen é tamén profesora honoraria da Universidade de California.

Estudos e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]