Stefan Strandberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stefan Strandberg
Strandberg xogando co Krasnodar en 2015
Información persoal
Nome Ken Remi Stefan Strandberg
Nacemento 25 de xullo de 1990
Lugar de nacemento Lyngdal
Altura 1.89
Posición defensa
Información de club
Club actual Hannover 96
Carreira xuvenil
Lyngdal
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2008 Mandalskameratene 8 (0)
2009–2012 Vålerenga 59 (2)
2009Bryne (loan) 4 (0)
2012–2015 Rosenborg 79 (4)
2015– Krasnodar 16 (0)
2016–Hannover 96 2 (0)
Selección nacional
2010–2013 Noruega sub-21 24 (1)
2013– Noruega 8 (0)
Na rede
FIFA: 401372 UEFA: 250007795 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 25 de setembro de 2016
Selección: actualizado a 25 de setembro de 2016editar datos en Wikidata ]

Ken Remi Stefan Strandberg, nado en Lyngdal o 25 de xullo de 1990, é un futbolista noruegués que xoga como defensa co Hannover 96 cedido polo FC Krasnodar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Strandberg xogou co equipo da súa cidade local, o Lyngdal IL[1] ata que marchou ao FK Mandalskameratene en 2006 onde debutou co primeiro equipo con quince anos.[2] Xogou tres tempadas co equipo e fixo oito aparicións na primeira división norueguesa.Strandberg fichou en xaneiro de 2009 polo Vålerenga, club da máxima categoría, a Tippeligaen.[2] En xullo de 2009 o club cedeuno ao Bryne FK, como substituto para o lesionado Christian Gauseth. Debutou na Tippeligaen o 12 de setembro de 2009 ao substituír a Mohammed Fellah a 11 minutos do remate do partido contra o Fredrikstad.[3] Na tempada 2012 pasou ao Rosenborg.[4] O 26 de agosto de 2016 uniuse ao Hannover 96 cedido polo FC Krasnodar para o resto da tempada 2016–17.[5]

Carreira internacional[editar | editar a fonte]

Strandberg xogou por primeira volta coa selección norueguesa na categoría sub-15 en 2005. Convocárono coa selección absoluta para a King's Cup de 2012 pero por mor dunha lesión retirouse, substituíndoo Thomas Drage.[6] Tamén o convocaron para partidos amigables contra Suráfrica e Zambia en xaneiro de 2013, mais debido a unha cirurxía na cadeira non puido participar. Xogou o seu primeiro partido internacional o 19 de novembro de 2013 nun amigable contra Escocia[7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Setefan Strandberg". altomfotball.no. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Skal spille i Vålerenga". NRK. 27 de xaneiro de 2009. 
  3. "Strandberg Tippeliga-debuterte". Nettavisen. 
  4. "Strandberg klar for Rosenborg: – Kommer for å vinne gull". TV2. 13 de febreiro de 2012. 
  5. "Стефан Страндберг Проведет Сезон-2016/2017 В Германии". fckrasnodar.ru. 26 de agosto de 2016. 
  6. "Thomas Drage på A-landslaget!". nordlys.no. 6 de xaneiro de 2012. 
  7. Ficha de Stefan Strandberg en eu-football.info