Starčevo
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Serbia | |||
Autonomous province of Serbia (en) | Voivodina | |||
Distritos da Sérvia (pt) | Banato Sur | |||
Município da Sérvia (pt) | City of Pančevo (en) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 77 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 26232 | |||
Fuso horario | ||||
Páxina web | starcevo.org.rs |
Starčevo (en serbio cirílico Старчево) é unha vila de Serbia situada na provincia autónoma de Voivodina no termo municipal de Pančevo, capital do distrito do Banato meridional.
En 2002 tiña 7.582 habitantes,[1] dos que a maioría eran de nacionalidade serbia.
O nome da vila significa o lugar do home vello.
Historia
[editar | editar a fonte]A cultura de Starčevo, antiga civilización danubiana que se remonta a 6 000 anos a.C., denomínase así polos achados que se fixeron nun sitio arqueolóxico situado nas proximidades da vila. Este sitio figura na lista dos Monumentos culturais de importancia excepcional e na lista dos Sitios arqueolóxicos de importancia excepcional da República de Serbia.[2]
A cultura de Starčevo desapareceu contra 4 200 anos a.C., coa invasión dos Pelasgos (O nome de pelasgos —en grego antigo Πελασγοί Pelasgoí, singular Πελασγός, Pelasgós—,[3] usárono algúns escritores da antiga Grecia para aludir aos pobos predecesores dos helenos como habitantes de Grecia, "un termo empregado para calquera pobo antigo, primitivo e, presumibelmente, indíxena do mundo grego";[4] en xeral, "pelasgo" alude a todos os habitantes indíxenas das terras exeas e ás súas culturas antes da chegada do idioma grego).[5]
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución histórica da poboación
[editar | editar a fonte]
ano habitantes
1948 3.880
1953 3 676
1961 4 854
1971 6 545
1981 7 304
1991 7 579
2002 7 615[1]
En 2010, a poboación de Starčevo estimábase en 7 649 habitantes.[Cómpre referencia]
Repartición da poboación (2002)
[editar | editar a fonte]Nacionalidade | Número | % |
Serbios | 6.205 | 81,48 |
Croatas | 349 | 4,58 |
Iugoslavos | 204 | 2,67 |
Húngaros | 111 | 1,45 |
Romanís | 88 | 1,15 |
Elovacos | 74 | 0,97 |
Macedonios | 60 | 0,78 |
Montenegrinos | 36 | 0,47 |
Romaneses | 30 | 0,39 |
Búlgaros | 27 | 0,35 |
Alemáns | 15 | 0,19 |
Musulmáns | 15 | 0,19 |
Checos | 8 | 0,10 |
Rusos | 5 | 0,06 |
Albaneses | 3 | 0,03 |
Eslovenos | 2 | 0,02 |
Bunjevci | 2 | 0,02 |
Ucraínos | 1 | 0,01 |
Bosníacos | 1 | 0,01 |
Descoñecidos/Outros[6] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Estatísticas de Serbia
- ↑ "Grad-Starčevo". spomenicikulture.mi.sanu.ac.rs. Consultado o 9 de febreiro de 2012.
- ↑ Liddell, Henry George; Scott, Robert (1940). "Pelasgos". A Greek-English Lexicon (Oxford: Clarendon Press).
- ↑ Apolonio de Rodas; Green, Peter trad. (2007). The Argonautika. University of California Press. p. 223 (comentario sobre i.987). ISBN 0520253930.
- ↑ Asociación de Academias de la Lengua Española (2001). "pelasgo". Diccionario de la Lengua Española (22.ª ed.).
- ↑ Poboación por nacionalidades (Estatísticas de Serbia)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Starčevo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial de Starčevo (en serbio)
- Maplandia (en inglés)