Stanisław Nagy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stanisław Kazimierz Nagy
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento30 de setembro de 1921 en Bieruń, Voivodato de Silesia, Polonia
Pasamento5 de xuño de 2013
Ordes
Ordenación sacerdotal8 de xullo de 1945, por Stanisław Rospond
Consagración episcopal13 de outubro de 2003, por Franciszek Macharski
Creado cardeal21 de outubro de 2003, por Xoán Paulo II
Cardeal-Diácono de Santa Maria della Scala
2003 - 2013
PredecesorFrançois-Xavier Nguyên Van Thuán
Outros

Escudo de Stanisław Nagy
Ficha en catholic-hierarchy.org

Stanisław Kazimierz Nagy, nado en Bieruń (Silesia, Polonia) o 30 de setembro de 1921 e finado o 5 de xuño de 2013, foi un eclesiástico católico polaco, cardeal e relixioso dehoniano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 30 de setembro de 1921 en Bieruń,[1] de pai húngaro e nai polaca. En 1937 ingresou na congregagación dos Sacerdotes do Sagrado Corazón de Xesús[1] (coñecidos como dehonianos), e o 8 de xullo de 1945 foi ordenado sacerdote[1] por Stanisław Rospond, bispo auxiliar de Cracovia. Entre 1952 e 1958 foi reitor do Seminario Maior de Tarnów.[1]

Estudou na Universidade Iaguelónica de Cracovia e na Universidade Católica de Lublin, especializándose en Teoloxía Moral e Ecumenismo. Posteriormente, foi profesor da Facultade de Teoloxía da Universidade Católica de Lublin.[1]

A comezos da década de 1970 traballou na Comisión Teolóxica Internacional, na Comisión Conxunta Católico-Luterana e no equipo editorial da Catholic Encyclopedia. Participu nos sínodos de 1981 e 1985 e escribiu varios libros sobre ecumenismo e Xoán Paulo II.

O papa Xoán Paulo II creouno cardeal o 21 de outubro de 2003, co título de Cardeal-Diácono de Santa Maria della Scala, logo de ter sido ordenado arcebispo o 13 de outubro de 2003 polo arcebispo de Cracovia Franciszek Macharski.

Finou o 5 de xuño de 2013 en Cracovia, Polonia.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Tygodnik Katolicki "Niedziela", ed. (1996). Na progu trzeciego tysiąclecia. 
  • Kuria Metropolitalna w Częstochowie, ed. (2011). Jestem z Wami!: przesłanie Jana Pawła II do Polaków. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gadacz, Tadeusz; Milerski, Bogusław (2003). Religia: encyklopedia PWN. Religia: encyklopedia PWN (en polaco) 7 (Wydawn. naukowe PWN). p. 217. ISBN 9788301134143.