Stadion Narodowy
Stadion Narodowy | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | multi-purpose sports venue (en) ![]() ![]() ![]() | |||
Epónimo | Kazimierz Górski ![]() | |||
Custo | 1.976.061.375 zł ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Polonia | |||
Voivodatos | Voivodato de Mazovia | |||
Cidade con dereitos | Varsovia | |||
Distrito municipal | Praga-Południe (pt) ![]() | |||
Barrio | Kamionek (en) ![]() ![]() | |||
Localización | Varsovia, Polonia | |||
Rúa | Aleja Księcia Józefa Poniatowskiego in Warsaw (en) ![]() ![]() | |||
Código postal | 03-901 ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 29 de novembro de 2011 ![]() | |||
Inauguración | Aínda sen inaugurar | |||
Acontecementos | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 58.145 | |||
Tipo superficie | Céspede | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Dep. do Tesouro de Polonia | |||
Arquitecto | Gerkan, Marg und Partner | |||
Operador | PL.2012 (en) ![]() ![]() | |||
Ocupante | Polonia ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol, voleibol, Fútbol americano e Speedway ![]() | |||
Localía | Selección de fútbol de Polonia | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | stadionnarodowy.org.pl ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Stadion Narodowy (do polaco: Estadio Nacional) é un campo de fútbol situado na cidade de Varsovia, capital de Polonia. Está construído onde, até 2008, se atopaba o Estadio 10º Aniversario (en polaco: Stadion Dziesięciolecia).
Descrición
[editar | editar a fonte]O estadio ten capacidade para albergar 58.145 espectadores, menos que o desaparecido Stadion Dziesięciolecia cun aforamento do 71.008. A súa construción comezou en 2008 e terminou oficialmente o 29 de novembro de 2011. A estadio conta cun singular teito retráctil de PVC, que se desprega a dende a beira superior até unha agulla suspendida sobre o centro do campo. O estadio será o escenario onde se xogará o partido inaugural da Eurocopa 2012 (un partido da fase de grupos grupo), outros dous partidos da mesma fase, un de cuartos de final , e unha das semifinais. O Estadio Nacional non será novo estadio dos equipos de fútbol locais, o Legia Warszawa e o Polonia Warszawa, aínda que é posible que si o utilicen en caso de encontros de grande importancia.
Xunto co estadio, a planificación inclúe a construción dun pavillón polideportivo cuberto con capacidade para 20.000 espectadores, unha piscina de tamaño olímpico para 4.000 espectadores, un parque acuático, un hotel, un centro de conferencias, así como catering e outros servizos. A construción será seguida por unha completa renovación da Estación de Tren de Varsovia próxima, e a apertura dunha estación de metro e un segmento da segunda liña do Metro de Varsovia que conecta a zona co centro da cidade. Os terreos son propiedade do goberno nacional, polo que o investimento será financiado por el en lugar da cidade de Varsovia.
Traballos de construción
[editar | editar a fonte]Os traballos de construción comezaron en 2008.[1] A primeira fase da construción consistiu en demoler as vellas bancadas do antigo Estadio do 10º Aniversario. Durante a cerimonia de inauguración celebrada, o 7 de outubro de 2009, colocouse unha pedra angular (primeira pedra) e unha cápsula do tempo. A cápsula contén as bandeiras de Polonia, da Unión Europea e da cidade de Varsovia, xornais do día, moedas, billetes, e outros artefactos.
O 1 de decembro de 2009 atopábanse traballando dous obreiros nunha plataforma que estaba a ser erguida por un guindastre á unha altura de 18 metros cando a suspensión rompeu, causando a caída da plataforma morrendo un dos obreiros ao instante e o outro unhas horas máis tarde no hospital. Outro accidente fatal ocorreu o 9 de maio de 2011 cando un traballador caeu dende o teito. As autoridades están a investigar as circunstancias deste accidente
En 2009, as obras de construción prevíanse rematar para mediados de 2011. Con todo, déronse a coñecer fallos na construción a finais de maio de 2011, o que resultou no establecemento dunha nova data de remate das obras para o 29 de novembro de 2011. Ese mesmo día o estadio estaba xa finalizado, aínda que aínda non tivo a súa inauguración oficial.
Eurocopa 2012
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012.
Partidos
[editar | editar a fonte]O Stadion Narodowy alberga durante o campionato cinco encontros: tres encontros da fase de grupos, un de cuartos de final, e unha semifinal. Os partidos son os seguintes:
Data | Fase | Equipo | Resultado | Equipo | Espectadores | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
8 de xuño | Primeira rolda | Polonia | ![]() |
![]() |
Grecia | ||
12 de xuño | Primeira rolda | Polonia | ![]() |
![]() |
Rusia | ||
16 de xuño | Primeira rolda | Grecia | ![]() |
![]() |
Rusia | ||
21 de xuño | Cuartos de final | República Checa | ![]() |
![]() |
Portugal | ||
28 de xuño | Semifinal | Alemaña | ![]() |
D1/C2 |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista exterior
-
Interior
-
Vista interior
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fundamenty Narodowego wzmocnią gazety i bilon". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 05 de decembro de 2011.