Spring Breakers
Spring Breakers | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Spring Breakers |
Director | Harmony Korine |
Produtor | Charles-Marie Anthonioz Jordan Gertner Chris Hanley David Zander |
Guión | Harmony Korine |
Intérpretes | James Franco Selena Gomez Vanessa Hudgens Ashley Benson Rachel Korine Heather Morris |
Música | Skrillex Gucci Mane Cliff Martínez |
Estudio | Muse Entertainment Division Films Annapurna Pictures |
Distribuidora | A24 |
Estrea | 4 de setembro de 2012 (Venecia) |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | US$5.000.000 |
Recadación | US$31.724.284 |
Na rede | |
|
Spring Breakers é unha película estadounidense de 2013 dirixida e escrita por Harmony Korine, protagonizada por James Franco, Selena Gomez, Vanessa Hudgens, Ashley Benson, Rachel Korine, e Gucci Mane. A película conta a historia de catro mozas universitarias que deciden roubar un restaurante de comida rápida co fin de pagar as súas vacacións de primavera.[1]
A película foi seleccionada para competir polo León de Ouro no Festival Internacional de Cine de Venecia de 2012.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Catro estudantes de universidade chamadas Faith (Selena Gomez), Brit (Ashley Benson), Candy (Vanessa Hudgens) e Cotty (Rachel Korine) queren xuntar cartos para a súa viaxe de vacacións de primavera asaltando un posto de comida rápida. Logo, durante unha noite de festa, as rapazas son arrestadas con cargos por drogas. Con resaca e vestidas só cos seus bikinis, comparecen ante un xuíz, pero son liberadas grazas a Alien (James Franco), un matón local traficante de armas e drogas que as toma baixo a súa proteción e as leva ás vacacións máis salvaxes da súa vida.
Elenco de actores
[editar | editar a fonte]- James Franco como Alien.
- Selena Gomez como Faith.
- Vanessa Hudgens como Candy.
- Ashley Benson como Brit.
- Rachel Korine como Cotty.
- Heather Morris como Bess.
- Gucci Mane como Archie.
- Ash Lendzion como Forest.
- Sidney e Thurman Sewell/The ATL Twins como Xemelgos Narcotraficantes.
Produción
[editar | editar a fonte]Segundo Harmony Korine, escribiu a película para «compensar» as súas propias vacacións de primavera, xa que se dedicou por completo ao skate, perdeuse no que el veu como unha oportunidade para «actividades hedonistas».[3] A formación orixinal para as protagonistas era Selena Gomez, Vanessa Hudgens e Emma Roberts.[4] Rachel Korine foi a primeira en confirmarse no proxecto.[1] Emma Roberts retirouse da filmación a mediados de 2012 debido a «diferenzas creativas que non podían ser resoltas».[5][6] O director Korine reuniu a propósito un grupo de actrices novas coñecidas cunha reputación similar á de Roberts en Hollywood.[7] A película filmouse entre marzo e abril de 2012 en e nos arredores de St. Petersburg, Florida.[3] Unha vista previa de tres minutos da película estreouse no Festival de Cine de Cannes 2012.[8] Confirmouse que Skrillex produciría a banda sonora da película.[9]
Recepción
[editar | editar a fonte]A película recibiu críticas xeralmente positivas. A páxina de críticas Rotten Tomatoes dá unha puntuación "fresca" de 75% baseada nos comentarios de 75 críticos, cunha cualificación media de 6,4 sobre 10. O consenso do sitio reza así: "Spring Breakers mestura un punzante comentario social con bikini cheesecake e un desempeño virtuoso de James Franco".[10] En Metacritic, a película ten unha puntuación de 64 sobre 100, baseado nos comentarios de 18 críticos, o que indica "críticas xeralmente favorables".[11]
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Premio | Categoría | Nomeado/a | Resultado |
---|---|---|---|---|
2012 | Festival Internacional de Cine de Venecia[12] | León de Ouro | Harmony Korine | Nomeado |
Premio dixital do festival de películas futuras - Mención especial | Gañador | |||
2014 | MTV Movie Awards | Mellor Bico | Ashley Benson, James Franco e Vanessa Hudgens | Nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Rachel Korine (Yes, Harmony's Wife) Joins 'Spring Breakers'". The Playlist. Indiewire. 4 de noviembre de 2011. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2016. Consultado o 4 de abril de 2012.
- ↑ "Venezia 69". labiennale. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2012. Consultado o 26 de xullo de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "Girls Gone Wild". Interview Magazine (en inglés). Consultado o 8 de setembro de 2012.
- ↑ "Emma Roberts, Selena Gomez & Vanessa Hudgens Star In Spring Break Flick". Hollywire (en inglés). Consultado o 8 de setembro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 "Spring Breakers: Ashley Benson se une a sus grandes amigas, Selena Gomez y Vanessa Hudgens". Impre. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2014. Consultado o 21 de febreiro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 "Ashley Benson Replaces Emma Roberts in Spring Breakers With Selena Gomez". BscKids (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2012.
- ↑ "Emma Roberts Pulls Out of Harmony Korine's Spring Breakers". Movieweb (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2012. Consultado o 8 de setembro de 2012.
- ↑ "Selena Gomez and Vanessa Hudgens make an arresting sight as they're busted in bikinis Spring Breakers". Daylimail (en inglés). Consultado o 8 de setembro de 2012.
- ↑ "Skrillex Will Score The Movie “Spring Breakers”". Disney Dreaming (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o 8 de setembro de 2012.
- ↑ "Spring Breakers Movie Reviews, Pictures – Rotten Tomatoes". Rotten Tomatoes. Flixster. Consultado o 10 de novembro de 2012.
- ↑ "Spring Breakers Reviews – Metacritic". Metacritic. CBS Interactive. Consultado o 2 de marzo de 2013.
- ↑ "Awards for 2012 Golden Lion". IMDb (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2012.