Spirillum é o único xénero da familia Spirillaceae (Espiriláceas)[4], e S. volutans é a especie tipo do xénero. Dáse a circunstancia de que a cepa tipo ATCC 19554 da especie S. volutans xa non se conserva, polo que se propuxo que a nova especie tipo do xénero sexa S. winogradskyi.[5]
Inicialmente dentro do xénero Spirilum incluíanse moitas máis especies con forma espiral, que despois foron pasándose a outros xéneros. Unha delas, que aínda se menciona na literatura, é a especie Spirillum minus, descrita como espirilo ou espiroqueta, cuxa posición taxonómica é insegura e non aparece xa na lista actual da LPSN.[1] Esta bacteria está asociada á febre por mordedura de rata[6][7]. Este espirilo foi inicialmente encadrado no xénero Spirilum (por Carter en 1888, e chamóuselle ao principio S. minor[8]), pero parece que está máis relacionado con Aquaspirillum ou Campylobacter.[2]pax.63-66
O xénero comprende formas alongadas que teñen penachos de flaxelos en ambos os polos da célula, que forman fascículos agregados que semellan un só flaxelo (uns 75 flaxelos por fascículo en S. volutans[2]pax.84). Os penachos de flaxelos móvense formando conos de revolución orientados, que poden inverterse cando a célula nada noutra dirección, e fan que toda a célula rote como un sacarrollas[2]pax.84. Teñen forma espiralada e son ríxidas (as espiroquetas, que teñen forma similar, son flexibles). Son aeróbicas cun metabolismo estritamente respiratorio, pero microaerófilas e non fermentancarbohidratos. Teñen de 1,4 a 1,7 μm de diámetro e poden chegar a 60μm de lonxitude,[2]páx.58 polo que son extraordinariamente longas con respecto ao seu diámetro. Presentan gránulos de poli-beta-hidroxibutirato[2]pax.58.
12Garrity, George M.; Brenner, Don J.; Krieg, Noel R.; Staley, James T. (eds.) (2005). Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, Volume Two: The Proteobacteria, Part C: The Alpha-, Beta-, Delta-, and Epsilonproteobacteria. New York, New York: Springer. pp. 354–361. ISBN 978-0-387-24145-6.
123456Krieg, Noel R. 1976. "Biology of the chemoheterotrophic spirilla." Bacteriological Reviews, vol. 40, no. 1. American Society for Microbiology. Páxinas 55-115
↑Podkopaeva (D.), Grabovich (M.), Kuever (J.), Lysenko (A.M.), Tourova (T.P.), Kolganova (T.V.) and Dubinia (G.): Proposal of Spirillum winogradskyi sp. nov., a novel microaerophilic species, an amended description of the genus Spirillum and Request for an Opinion regarding the status of the species Spirillum volutans Ehrenberg 1832. Int. J. Syst. Evol. Microbiol., 2009, 59, 2916-2920.