Soutogaioso, A Veiga de Valcarce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSoutogaioso, A Veiga de Valcarce

Localización
Mapa
 42°39′02″N 6°55′14″O / 42.65045, -6.920486Coordenadas: 42°39′02″N 6°55′14″O / 42.65045, -6.920486
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León
MunicipioA Veiga de Valcarce Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24524 Editar o valor em Wikidata

Soutogaioso[1][2] (Sotogayoso en castelán e oficialmente) é unha localidade pertencente ao concello da Veiga de Valcarce na bisbarra leonesa do Bierzo. Encóntrase situada ao sueste da capital do concello a unha altura duns 875 metros. A súa poboación, en 2013, é de doce habitantes.[3]

Topónimo[editar | editar a fonte]

Hai dúas teorías acerca da orixe do topónimo Soutogaioso. Unha delas afirma que provén dun presunto Santo Gaioso mentres que a outra di que deriva do latín Saltum Gaudiosum.[4][5]

Historia[editar | editar a fonte]

A comezos do século XV, a localidade pertencía ao Mosteiro de San Xulián de Samos. En 1431 foi cedida en foro a Pedro Álvarez Osorio, quen anos máis tarde sería conde de Lemos.[6]

En 1834, cando por primeira vez en España se dividiu o territorio nacional en partidos xudiciais, Soutogaioso quedou adscrito ao partido xudicial de Vilafranca do Bierzo.[7] En 1966 suprimiuse o partido xudicial de Vilafranca do Bierzo quedando Soutogaioso adscrito ao partido xudicial de Ponferrada.

En 1858 contaba coa categoría de lugar e 114 habitantes.[8][9].

Comunicacións[editar | editar a fonte]

A estrada LE-5125 comunica Soutogaioso coa Portela de Valcarce. Esta vía salva un gran desnivel nunha curta distancia, polo que conta con pronunciadas pendentes.

Outros lugares de interese[editar | editar a fonte]

O vértice xeodésico de Cruz de Souto atópase nun monte homónimo moi preto da zona antiga de Soutogaioso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gómez Bautista, Alberto (2004). Toponima do Baixo Bierzo e Os Ancares Orientais. Ponferrada: Fala Ceibe.
  2. García García, Jesús (1986). Tierras de León: Revista de la Diputación Provincial, Vol. 26, nº 62.
  3. INE (2013). "Nomenclátor do INE". Consultado o 18 de agosto de 2014. 
  4. Oliver Asín, J. (1938). "Iniciación al estudio de la historia de la lengua española". Heraldo de Aragón. p. 122.
  5. Actas do I congreso internacional de Historia da lingua española, 1988, Arco Libros, p. 1673, Madrid
  6. Franco Silva, Alfonso (1982). "El Señorío de Villafranca de El Bierzo (Siglos XIV y XV)". Boletín de la Real Academia de la Historia, Tomo CLXXIX, Caderno I, p.35-160
  7. Subdivisión en partidos xudiciais da nova división territorial da península e illas adxacentes aprobada por S. M: no Real Decreto do 21 de abril de 1834, Imprenta real, p.123, Madrid
  8. Nomenclátor dos pobos de España formado pola comisión estatística xeral do reino, 1858, Imprenta nacional, p. 435, Madrid
  9. Arias López M.La Comarca como entidad natural, histórica y administrativa, 2014, Dykinson, p.494, Madrid

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]