Sophus Jacobsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSophus Jacobsen

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1833 Editar o valor em Wikidata
Halden, Noruega Editar o valor em Wikidata
Morte13 de maio de 1912 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Düsseldorf Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNoruega Editar o valor em Wikidata
EducaciónKunstakademie Düsseldorf (en) Traducir (1853–) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
ProfesoresHans Gude (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata


Sophus Jacobsen, nado en Halden o 7 de setembro do 1833 e finado en Düsseldorf o 13 de maio do 1912, foi un pintor paisaxista noruegués da escola de Düsseldorf.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jacobsen viviu en Düsseldorf dende o 1853, onde estudou con Hans Fredrik Gude.[1] Entre o 1856 e o 1912, foi membro da asociación de artistas Malkasten ("A caixa de pinturas").[1] No 1859, vivía nunha mesma casa xunto cos pintores Vincent Stoltenberg Lerche, August Bromeis, Karl Schlesinger e Alexei Petrovich Bogolyubov.[2] Realizou varias viaxes de estudo a Noruega e Italia, así como a diversas rexións de Alemaña. Algunhas das súas obras expuxéronse na colección permanente da galería de arte de Bremen en maio do 1881.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Baumgärtel, Bettina (2011). Die Düsseldorfer Malerschule und ihre internationale Ausstrahlung, 1819-1918: Essays (en alemán). Museum Kunstpalast, Sammlung der Kunstakademie Düsseldorf. ISBN 978-3-86568-702-9. 
  2. Digitale Sammlungen / Adreßbuch der Oberbürgermeisterei Düsseldorf : nach amtlichen Quellen : (1859). ... auf das Jahr . Neue Folge. Erster Jahrgang.. Düsseldorf (en alemán). 1859. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]