Saltar ao contido

Son (partido político)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Son
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
2015 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

SON é un partido político instrumental galego creado no ano 2015 promovido por ANOVA e Esquerda Unida[1] para concorrer ás eleccións municipais dese ano en diversas localidades de Galicia.

A súa finalidade foi a de ofrecer soporte legal para aquelas agrupacións políticas municipais que por motivos legais non tivesen posibilidade de presentarse ás eleccións no seu concello. Así mesmo tamén buscaría sumar votos para poder acadar representación nas Deputacións Provinciais[2].

As candidaturas unidas a esta coalición levaron a palabra SON no seu nome, ben como prefixo ou sufixo engadido ao nome do partido político, ou baixo a fórmula "Son de" máis o nome do concello correspondente.

Nas eleccións municipais de 2019 concorreu de novo baixo a marca "Son-En Común".

Resultados obtidos polas candidaturas adscritas

[editar | editar a fonte]

Tras as eleccións de maio do ano 2015, as candidaturas coaligadas a SON acadaron as alcaldías de Cangas, Ferrol, Manzaneda, Teo e Val do Dubra, á cal se lle sumou Mugardos tras unha moción de censura en agosto de 2016. A suma de votos recibidos por estas candidaturas foi de 53.205, representando o 3,61% dos votos válidos.

CandidaturaVotos%ConcelleirosConcello
Son de Abegondo-Foro Veciñal2126,34%
1 / 13
Abegondo
Son de Ares2627,9%
1 / 13
Ares
Son de Arteixo-ANOVA6214,44%
0 / 21
Arteixo
Esquerda Unida-SON68011,23%
2 / 17
Baiona
Alternativa para Beariz-SON7012,28%
1 / 9
Beariz
Son de Bergondo-ANOVA59916,3%
2 / 13
Bergondo
Betanzos Novo-SON100214,58%
2 / 17
Betanzos
Xuntos por Boborás-SON17911,42%
1 / 11
Boborás
Boiro Novo-SON9279,71%
1 / 17
Boiro
Asemblea Cidadá Bueu-SON3425,6%
1 / 17
Bueu
Asemblea Cidadá de Cambre-SON127111,83%
2 / 21
Cambre
Alternativa Canguesa de Esquerdas-SON226817,14%
4 / 21
Cangas
Alternativa Veciñal do Carballiño-SON4716,06%
1 / 17
O Carballiño
Son Carballo1881,18%
0 / 21
Carballo
Asemblea Cidadá de Carral-SON41312,41%
1 / 13
Carral
Ferrol en Común-SON714221,98%
6 / 25
Ferrol
Esquerda Unida-SON83114,11%
2 / 17
O Grove
Esquerda Unida-SON1905,68%
0 / 13
A Illa de Arousa
Fai O Irixo-SON13411,87%
1 / 9
O Irixo
Son D'aquí1764,8%
0 / 13
Malpica de Bergantiños
Son de Manzaneda-ANOVA48564,07%
5 / 7
Manzaneda
Marea Veciñal de Marín-SON157013,06%
3 / 21
Marín
Esquerda Unida-SON2122,07%
0 / 17
Monforte de Lemos
GañaMos Asemblea Veciñal-SON195422,77%
4 / 17
Mos
Esquerda Unida-SON61420,75%
3 / 13
Mugardos
Nigrán Decide-SON88010,1%
2 / 17
Nigrán
Son de Oroso-ANOVA43610,61%
1 / 13
Oroso
Son de Pereiro de Aguiar2788,06%
1 / 13
O Pereiro de Aguiar
Son de Trives18212,5%
1 / 11
A Pobra de Trives
Son de Poio3283,99%
0 / 17
Poio
Esquerda Unida-SON5865,26%
1 / 21
Ponteareas
Agrupación Pondaliana Independente-SON Ponteceso48113,98%
2 / 13
Ponteceso
Esquerda Unida-SON6976,79%
1 / 17
O Porriño
Son Redondela3202,01%
0 / 21
Redondela
Rianxo en Común-SON69511,04%
2 / 17
Rianxo
Son de Teo-ANOVA365138,68%
7 / 17
Teo
Son de Toén-ANOVA16810,77%
1 / 11
Toén
Son de Tui7417,88%
1 / 17
Tui
Son de Val do Dubra-ANOVA104843,2%
5 / 11
Val do Dubra
Son de Verín3114,46%
0 / 17
Verín
Marea de Vigo-SON1622711,5%
3 / 27
Vigo
Esquerda Unida-SON282015,51%
3 / 21
Vilagarcía de Arousa
Son Viveiro5436,42%
1 / 17
Viveiro

En 2019 lograron as alcaldías de Cangas, Mugardos e Teo, se ben perderon a de Mugardos nunha moción de censura en novembro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]