Saltar ao contido

Soledad Torres Guijarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSoledad Torres Guijarro
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira de telecomunicacións, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1733805 Dialnet: 3959429

Soledad Torres Guijarro, é enxeñeira de Telecomunicación e profesora na Universidade de Vigo (Uvigo).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É Enxeñeira de Telecomunicación dende 1992 e Doutora Enxeñeira de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid, especializada en Tratamento Dixital de Sinais. Na actualidade é profesora na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Anteriormente, foi profesora na Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Valladolid e Universidade Europea de Madrid, e investigadora na Universidade Politécnica de Madrid e no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.

Os seus intereses como investigadora inclúen o Procesado Dixital de Sinais de audio e acústicas e a acústica submarina.[1] Tamén a promoción das vocacións científico-técnicas femininas, e a incorporación da perspectiva de xénero na investigación.[2]

Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.[3]

  1. Toro, Victoria (2023-02-08). "La ingeniera que ‘pesca’ contaminación acústica en el mar: “Ahí abajo hay ruido, mucho”". El País (en castelán). Consultado o 2024-08-24. 
  2. Redacción (2023-06-24). ""O ingreso de mulleres nas carreiras de enxeñería está en declive"". GCiencia. Consultado o 2024-08-24. 
  3. Diario, Nós. "O Comité de Sabias fúndase no acceso igualitario ao eido dixital". Nós Diario. Consultado o 2021-03-21.