Saltar ao contido

Soiuz TMA-14M

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz TMA-14M
TipoTripulada
Data de lanzamento25 de setembro de 2014, 20:25 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Duración da misión167,24 días[5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso12 de marzo de 2015, 2:08 GMT[1][5]
NSSDC ID2014-057A
Masa7200 kg[5]

Soiuz TMA-14M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 25 de setembro de 2014 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz TMA-14M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Aleksandr Samokutiaiev, Elena Serova e Barry Wilmore a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. Serova converteuse na cuarta muller rusa no espazo e a primeira desde 1997. Unha vez en órbita o panel solar do lado de babor da nave Soiuz non se despregou, pero iso non dificultou o acoplamento coa estación espacial, que tivo lugar co módulo de investigación Poisk (MRM2, Mini Research Module 2). Regresou o 12 de marzo de 2015 ás 2:08 GMT.[2][3][4]

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-14M estaba formada por Scott Kelly, Gennadi Padalka e Mikhail Kornienko.[5][2]

  1. 1 2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 14M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 14M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
  3. 1 2 3 "Note verbale dated 10 December 2015 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (16-00512). 1 de febreiro de 2016: 3. Consultado o 26 de novembro de 2024.
  4. 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 01M - 20M (7K-STMA, 11F732A47)" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
  5. 1 2 3 4 5 6 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-14M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]