Saltar ao contido

Soiuz TM-32

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz TM-32
Parche da misión Soiuz TM-32.
TipoTripulada
Data de lanzamento28 de abril de 2001, 7:37 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión185,89 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][6]
Regreso31 de outubro de 2001, 4:59 GMT[1][6]
NSSDC ID2001-017A
Masa7000,0 kg[2][5][6]

Soiuz TM-32 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 28 de abril de 2001 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz TM-32, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Iuri Baturin, Talgat Musabaiev e Dennis Tito (o primeiro turista espacial) a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento. A tripulación regresou 6 días despois na Soiuz TM-31, deixando a súa nave como substitución máis fresca, tocando terra o 6 de maio de 2001 ás 2:21 GMT preto de Arkalyk (Kazakhstán). A Soiuz TM-32, pola súa banda, aterrou o 31 de outubro de 2001 ás 4:59 GMT a uns 180 km ao sueste de Dzhezkazgan.[2][3][4][5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 32" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 32" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.
  3. 1 2 3 "Notes verbales dated 31 July and 12 September 2001 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-87122(E)). 14 de setembro de 2001: 2. Consultado o 6 de decembro de 2017.
  4. 1 2 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-32 / ISS-2S" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.
  5. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.
  6. 1 2 3 4 5 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-32 ISS EP-1" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.